Skip to main content

Santiago Cortegoso imparte un obradoiro de escrita teatral na Sala Ártika de Vigo

04 setembro 2024

Ibuprofeno

04 setembro 2024

 

Santiago Cortegoso impartirá un obradoiro de escrita teatral o 21 e 22 de setembro de 2024 na Sala Ártika de Vigo. A incrición está aberta ata o vindeiro venres 13 de setembro a través do correo electrónico Este endereço de email está protegido contra piratas. Necessita ativar o JavaScript para o visualizar. ou do teléfono 667 80 86 74.

Dirixido a actores, creadores, directores e escritores e, en xeral, a calquera persoa interesada en coñecer e expeimentar os procesos de creación dramatúrxica, o obxectivo do taller é xerar textos a partir de xogos prácticos de dramaturxia.

Baixo o nome 'Vomitar e estruturar' proponse abordar a escrita teatral de xeito aberto e liberador. Fronte aos modelos convencionais de planificación dramatúrxica, este obradoiro enfoca os procesos de creación dramática dende o impulso, como un intento de plasmar os abismos psicolóxicos e emocionais internos, deixándonos contaxiar pola interrelación cos compañeiros e pola análise dun entorno social complexo e contraditorio. 

Gardar
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar