Skip to main content

Obradoiros

Realizamos obradoiros teatrais orientados tanto ao ámbito profesional como a persoas que queiran facer un achegamento máis lúdico á práctica teatral. 

OBXECTIVOS:

  • Aumentar a creatividade, a capacidade de improvisación e a seguridade
  • Cohesionar un grupo e aumentar a complicidade cos compañeiros
  • Compartir experiencias e aprender cos outros
  • Investigar unha temática de xeito divertido
  • Afondar no coñecemento da comunidade e da identidade propia

Clown

Imparte: Marián Bañobre

Proceso de descuberta do propio clown partindo do xogo e de exercicios de improvisación individuais e colectivos a través dos que se irán introducindo técnicas e actitudes propias do clown

Escrita

Imparte: Santiago Cortegoso

Non hai un único método para ensinar a escribir. Pero neste obradoiro imos explorar as ferramentas das que podemos botar man á hora de afrontar a escrita, para chegar a construír unha identidade propia e unha liberdade para expresarnos

Creación escénica

Imparten: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso

Obradoiro para compartir unha experiencia creativa coa compañía, para comprender como se plasma na práctica a nosa liña de traballo e a concepción dos espectáculos, e emprender así un pequeno proceso co grupo participante

Obradoiros escénicos para empresas

As ferramentas teatrais poden ser de grande axuda na xestión de equipos: na mediación, xestión de conflitos, expresión en público, comunicación. 

Nestes obradoiros traballamos a mellora da nosa relación cos demais a través de distintas técnicas relacionadas co clown e coa creación escénica. A través de distintos exercicios e improvisacións desenvolvemos actitudes que serán de axuda na vida profesional: a escoita, a imaxinación, a creatividade…

Podemos adaptar os obradoiros dependendo do número de horas e do número de participantes. Se estás interesado podes solicitarnos máis información:

Gardar
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar