Skip to main content

Ibuprofeno Teatro

En 2010 Marián Bañobre e Santiago Cortegoso fundamos Ibuprofeno Teatro co obxectivo de contar cunha estrutura de creación propia para emprender proxectos teatrias dun xeito independente. Xeramos espectáculos a partir de textos escritos previamente (Raclette, Casa O'Rei...) ou integrando a dramaturxia e a posta en escena nos procesos de creación (A filla de Woody Allen, O mel non caduca...).

Gústanos coidar a dimensión plástica dos traballos, experimentando en cada proposta, para falar de temas que afectan ao ser humano contemporáneo, a través de personaxes que buscan a súa identidade individual nun contexto social globalizado e complexo que non conseguen controlar e que os leva a situacións absurdas e cargadas dun humor acedo e sarcástico.

Equipo

Marián Bañobre

Debuta como actriz de teatro aos 15 anos e dende entón participou en medio cento de producións profesionais dentro e fóra de Galicia, non só como intérprete, senón tamén como clown, creadora-directora escénica e deseñadora de vestiario.

Paralelamente participa como actriz en producións audiovisuais e desenvolve o seu traballo como docente, principalmente en técnicas de clown e creación escénica. Ademais, é licenciada en Socioloxía, disciplina que aplicará de forma transversal nas súas creacións e no seu xeito de entender as artes escénicas.

Conta con cinco Premios María Casares: Mellor Actriz Secundaria por Tartufo de Teatro de Ningures, Mellor Actriz Protagonista por Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios de Ibuprofeno Teatro, Mellor Vestiario por O Furancho de Ibuprofeno Teatro, Mellor Dirección e Adaptación (xunto a Santiago Cortegoso) por Invisibles de Redrum Teatro.

Santiago Cortegoso

Autor, director e actor. A súa prolífica actividade como autor foi recoñecida con numerosos premios. Foi finalista nos Premios Max na categoría de Mellor Autor en Galego por A filla de Woody Allen e 0,7% Molotov, e a Mellor Autor e Director por Raclette. Por este último recibe tamén o Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais. Por 0,7 % Molotov recibe o Premio Rafael Dieste que outorga a Deputación da Coruña.

Recibiu o María Casares a Mellor Texto Orixinal por Pequenos Actos  e Raclette (estando nominado noutras tres ocasións) e a Mellor Adaptación (xunto a Marián Bañobre) por Invisibles de Redrum Teatro.  Como director, ademais de con Ibuprofeno Teatro, traballou con Lucecús Teatro, Teatro de Ningures, Talía Teatro e Centro Dramático Galego. Foi, ademais, codirector da Aula de Teatro da Universidade de Vigo.

Como actor traballou para compañías como Llu Llu Teatro, Teatro do Morcego, Balea Branca Producións, Nove Dous Teatro, A Factoría Teatro, Disque Danza e Teatro de Ningures. Participou tamén en películas e series de televisión, ademais de ter unha ampla experiencia como actor de dobraxe. No plano da docencia imparte talleres de dramaturxia, creación escénica e escrita teatral.

Fátima R. Varela

Licenciada en xornalismo pola USC e Máster en Dirección de Comunicación e Marketing pola UOC, desenvolve o seu traballo no ámbito da comunicación cultural, principalmente centrada nas artes escénicas, en entidades como: Centro Coreográfico Galego, Sala Yago de Santiago de Compostela, Teatro Colón da Coruña, Festival Internacional de Títeres Galicreques, Atlantis Multimedia, Festival ALT de Vigo, Cámara Negra Teatro ou Solodos Neodans.

Diego Seixo

Licenciado en Belas Artes, desenvolve o seu traballo como deseñador gráfico e fotógrafo en diversas producións teatrais, nalgunha delas encárgase tamén do deseño de espazo escénico ('Raclette' e 'O mel non caduca' de Ibuprofeno Teatro). Como deseñador colabora con proxectos como Camiño Escena Norte, Escena Galega, MITEU ou Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, entre outros. Participa en proxectos editoriais, publicacións, comisariado de exposicións e ten experiencia como conferenciante e docente no ámbito das artes visuais, deseño gráfico e multimedia.

PREMIOS
  • Premio do Público ao Mellor Espectáculo de Sala na 19 edición da Feria de Teatro de Castilla y León Ciudad Rodrigo por Raclette
  • Mención Especial do Xurado no XIX Certamen de Teatro Garnacha de Rioja Haro por Raclette
  • Premio María Casares de Teatro 2017 ao Mellor Texto Orixinal para Santiago Cortegoso por Raclette
  • Premio María Casares 2013 á Mellor Actriz Protagonista para Marián Bañobre por Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios
  • Premio María Casares 2013 a Mellor Texto Orixinal para Santiago Cortegoso por Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios
  • Premio María Casares 2016 a Mellor Vestiario para Marián Bañobre por O Furancho
  • Premio Coiro de Pita 2016 a mellor espectáculo da temporada na Sala Ingrávida do Porriño por A filla de Woody Allen
  • Premio FETEGA Festival do Carballiño 2016 ao Mellor Espectáculo por O Furancho
  • Premio FETEGA Festival do Carballiño 2016 a Mellor Actriz para Isabel Risco por O Furancho
  • Premio Teatro Autor Exprés 2016 para Santiago Cortegoso por Raclette
  • Premio Mellor Montaxe (escenografía, vestiario, luz e espazo sonoro) no Certame de Teatro Garnacha de Rioja Haro 2018 por Casa O'Rei
  • Premio de Teatro María Casares 2019 ao Mellor Actor para Miguel Borines por Casa O'Rei
  • Premio de Teatro María Casares 2019 ao Mellor Música Orixinal para Alonso Caxade
  • Premio Mellor Actor no Festival de Teatro Galego Celso Parada para Avelino González por O mel non caduca
  • Premio de Teatro María Casares 2022 ao Mellor Actor Protagonista para Josito Porto por Smoke on the water
  • Premio de Teatro María Casares 2022 ao Mellor Espazo Sonoro para Mon Orencio por Smoke on the water
ONDE ESTIVEMOS
  • Dramatica Insania Asturias
  • Festival Internacional de Teatro de Manizales (Colombia)
  • Mostra de Autores Contemporáneos de Alicante
  • Festival Umore Azoka de Leioa (Euskadi)
  • Feria de Teatro de Castilla y León Ciudad Rodrigo 
  • Circuito de La Red de Teatros Alternativos
  • Jornadas de Teatro Clásico Distrito San Blas Canillejas Certamen de Teatro Garnacha de Rioja en Haro
  • Festival de Teatro Clásico de Alcántara 
  • Festival Clásicos a la Fresca en Madrid
  • Festival Internacional Miguel Torga en Mondim de Basto (Portugal)
  • Festival Circular de Madrid
  • Mostra Internacional de Teatro 'Mujeres que cuentan' en Ábrego (Santander) 
  • Mostra Internacional Mim de Sueca (Valencia)
  • Festival de Teatro en la Calle de Villanueva de la Serena (Badajoz)
  • MIT Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
  • FIOT de Carballo
  • Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
  • FITO Ourense 
  • Feira de Teatro Galicia Escena Pro
  • Noites Teatrais de Vilamarín
  • Mostra de Teatro Clásico de Lugo
  • Mostra de Teatro Galego de Cariño
  • FETEGA Festival de Teatro Galego
HISTÓRICO DE FUNCIÓNS

2024

  • 15 de febreiro ás 20:30 h: Deadpan Karaoke no Auditorio Gustavo Freire de Lugo
  • 16 de febreiro ás 21:00 h: Deadpan Karaoke no Fórum Metropolitano da Coruña
  • 23 de febreiro ás 21:00 h: Deadpan Karaoke no Pazo da Cultura de Carballo
  • 1 de marzo ás 20:00 h: Deadpan Karaoke no Teatro Principal de Ourense
  • 2 de marzo ás 20:00 h: Deadpan Karaoke no Pazo da Cultura de Narón [Festival Singular]
  • 7 e 8 de marzo ás 20:30 h: Deadpan Karaoke no Teatro Principal de Santiago de Compostela
  • 9 de marzo ás 20:30 h: O Furancho no Auditorio do Cuartel Vello de Taboada
  • 17 de marzo ás 20:00 h: O Furancho na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada
  • 6 de abril ás 21:00 h: Deadpan Karaoke no Multiusos da Xunqueira de Redondela
  • Do 17 ao 21 de abril: Obradoiro de clown na USC [Universidade de Santiago de Compostela]
  • 26 de abril ás 21:00 h: Deadpan Karaoke na Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro
  • 28 de abril ás 19:30 h: Smoke on the water no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño
  • 16 de maio ás 21:00 h: Deadpan Karaoke no Multiusos de Arcade, en Soutomaior
  • 26 de maio ás 19:30 h: Smoke on the water no Auditorio Manuel Dopazo da Bandeira, en Silleda
  • 7 de xuño ás 21:00 h: Smoke on the water no Auditorio Municipal de Rianxo
  • 20 de xullo ás 01:00 h: Deadpan Karaoke na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
  • Do 29 de xullo ao 2 de agosto: Obradoiro de Clown en Cedeira
  • 20 de agosto ás 23:30 h: Deadpan Karaoke na Feria de Teatro de Castilla y León Ciudad Rodrigo.
  • 21 de agosto ás 22:00 h: O Furancho en Chantada
  • 21 e 22 de setembro: Obradoiro de Escrita Teatral 'Vomitar e Estruturar' na Sala Ártika de Vigo
  • 21 e 22 de setembro ás 20:00 h: Smoke on the water na Sala Ártika de Vigo
  • 29 de setembro ás 19:00 h: Deadpan Karaoke en Cedeira
  • 4 de outubro ás 22:30 h: Deadpan Karaoke no Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia (Portugal)
  • 12 de outubro ás 19:30 h: Deadpan Karaoke en Alsasua (Camiño Escena Norte)
  • 19 de outubro ás 19:30 h: Deadpan Karaoke en Villaviciosa (Camiño Escena Norte)
  • 20 de outubro ás 19:30 h: Deadpan Karaoke en San Vicente de la Barquera (Camiño Escena Norte)
  • 25 de outubro ás 20:30 h: Deadpan Karaoke en Arteixo
  • 26 de outubro ás 21:00 h: Deadpan Karaoke en Moaña
  • 2 de novembro ás 21:00 h: O Furancho en Porto do Son
  • 9 de novembro ás 21:00 h: Deadpan Karaoke en Tomiño
  • 16 de novembro ás 20:30 h: Deadpan Karaoke en Oleiros
  • 23 de novembro ás 21:00 h: Deadpan Karaoke en Mondariz
  • 24 de novembro ás 18:00 h: Smoke on the water en Ponteareas
  • 29 de novembro ás 21:00 h: Deadpan Karaoke na Guarda
  • 13 de decembro ás 21:00 h: O Furancho no Barco de Valdeorras
  • 28 de decembro ás 20:00 h: O Furancho en Barro

2023

  • 14 de xaneiro ás 20:00 h: Smoke on the water na Casa da Cultura de Outes
  • 26 de xaneiro ás 20:15 h: Smoke on the water no Edificio Multiusos de Monforte
  • 4 de febreiro ás 19:00 h: Smoke on the water no Auditorio Municipal Cine Aloví das Pontes
  • 11 de febreiro ás 20:30 h: Smoke on the water no Auditorio Municipal de Vilagarcía
  • 3 de marzo: O Furancho na Casa de Cultura de Barbadás
  • 4 de marzo ás 20:00 h: O Furancho no Auditorio Municipal de Vilalba
  • 5 de marzo ás 19:00 h: O Furancho no Centro Social de Dena en Meaño
  • 5 de marzo ás 20:00 h: Smoke on the water no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo
  • 10 de marzo ás 21:30 h: Smoke on the water no Teatro Municipal de Tui
  • 18 de marzo ás 20:00 h: O Furancho na Sala do Voluntarido do Multiusos da Camposa, en Muxía
  • 23 de marzo ás 10:00 h (función escolar): O mel non caduca no Auditorio Municipal do Grove
  • 14 de abril ás 20:30 h: O mel non caduca no Centro Cultural Fernando Casais e Novoa de Sigüeiro en Oroso
  • 22 e 23 de abril: O mel non caduca na Sala Ártika de Vigo
  • 12 de maio ás 21:00 h: Smoke on the water na Casa de Cultura Ramón Martínez López de Boiro
  • 13 de maio ás 20:30 h: O Furancho no Multiusos de Moraña
  • 20 de maio ás 20:30 h: Smoke on the water na Casa da Cultura de Burela
  • 5 de xuño ás 10:00 h (función escolar): O mel non caduca no Auditorio Municipal do Rosal
  • 5 de xullo ás 21:00 h: O Furancho no Centro Ágora da Coruña
  • 6 de xullo ás 20:00 h: O Furancho no Teatro da Beneficencia de Ortigueira
  • 7 de xullo ás 21:00 h: O Furancho no Auditorio Municipal de Rois
  • 8 de xullo ás 21:30 h: O Furancho no Auditorio Municipal de Verín
  • 9 de xulllo ás 20:30 h: O Furancho na Casa da Cultura de Melide
  • Do 10 ao 13 de xullo: Obradoiro de Iniciación ao Clown en Caldas de Reis
  • 22 de xullo ás 21:00 h: O Furancho no Auditorio Municipal de Ribadumia
  • 28 de xullo ás 20:00 h: O Furancho no Auditorio Municipal de Valga
  • 4 de agosto ás 19:00 h: O Furancho no Local Social de Vilasantar
  • Do 7 ao 1o de agosto: Obradoiro de Dramaturxia en Pravia (Asturias)
  • 11 de agosto ás 20:00 h: O mel non caduca no Auditorio José Barrera de Pravia (Asturias)
  • 30 de setembro ás 20:30 horas: Deadpan Karaoke no Teatro Principal da Estrada [ESTREA]
  • 7 de outubro ás 20:30 horas: Deadpan Karaoke no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
  • 15 de outubro ás 18:30 horas: O mel non caduca no Multiusos de Arcade, en Soutomaior
  • 20 de outubro ás 20:30 horas: Smoke on the water na Sala Bahía de Foz
  • 21 de outubro ás 20:00 horas: Deadpan Karaoke no Auditorio Xosé Manuel Pazos de Cangas
  • 21 de outubro ás 21:00 horas: Smoke on the water no Auditorio de Goián, en Tomiño
  • 26 de outubro ás 21:00 horas: O mel non caduca no Festival Internacional de Teatro de Manizales (Colombia)
  • 1 de novembro ás 17:00 horas: O mel non caduca no Festival de San Ignacio, en Medellín (Colombia)
  • 11 de novembro ás 20:00 horas: Deadpan Karaoke no Auditorio Municipal de Vigo
  • 19 de novembro ás 19:00 horas: O Furancho no Recinto Feiral de Curtis
  • 26 de novembro ás 19:00 horas: Deadpan Karaoke no Auditorio Municipal de Caldas de Reis
  • 27 de novembro ás 12:30 horas: Deadpan Karaoke no Auditorio Municipal de Caldas de Reis
  • 16 de decembro ás 20:00 horas: O mel non caduca no Centro Sociocultural Sobrino Buhigas de Campo Lameiro

2022

  • 4 de febreiro ás 20:00 h: Smoke on the water no Teatro Principal da Estrada
  • 5 de febreiro ás 20:00 h: Smoke on the water no Teatro Principal da Estrada
  • 11 de febreiro ás 20:30 h: Smoke on the water no Pazo da Cultura de Narón
  • 12 de febreiro ás 20:00 h: Smoke on the water no Pazo da Cultura de Narón
  • 17 de febreiro ás 20:00 h: Smoke on the water no Teatro Principal de Compostela
  • 18 de febreiro ás 20:00 h: Smoke on the water no Teatro Principal de Compostela
  • 24 de febreiro ás 20:00 h: Smoke on the water no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo
  • 5 de marzo ás 20:00 h: Smoke on the water no Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros
  • 11 de marzo ás 20:00 h: Smoke on the water no Auditorio Municipal de Vigo
  • 19 de marzo ás 20:00 h: Smoke on the water na Casa da Cultura de Vimianzo
  • 26 de marzo ás 20:00 h: Smoke on the water no Auditorio Municipal de Cangas
  • 1 de abril ás 20:30 h: O Furancho no Centro Cultural de Oroso
  • 8 de abril ás 20:00 h: Smoke on the water no Teatro Rosalía Castro da Coruña
  • 8 de abril ás 21:00 h: O mel non caduca no Centro Cultural de Paiosaco na Laracha
  • 9 de abril ás 20:00 h: Smoke on the water no Teatro Rosalía Castro da Coruña
  • 23 de abril ás 20:00 h: O Furancho no Auditorio de Goián, en Tomiño
  • 6 de maio ás 20:30 h: Smoke on the water no Centro Cívico Cultural de Arteixo
  • 8 de maio: O Furancho en Cariño
  • 21 de maio ás 20:00 h: O Furancho na Casa da Cultura Monte da Vila do Grove
  • 22 de maio ás 19:00 h: O mel non caduca no Auditorio Manuel Dopazo da Bandeira, en Silleda
  • 28 de maio ás 21:00 h: O Furancho no Multiusos de Arcade, en Soutomaior
  • 3 de xuño ás 20:30 h: O mel non caduca no Auditorio Municipal de Valdoviño 
  • 9 de xuño ás 20:00 h: Smoke on the water no Salón Teatro de Santiago de Compostela [Galicia Escena Pro]
  • 15 de xullo ás 21:30 h: Smoke on the water no Auditorio Municipal de Vilamarín [Noites Teatrais de Vilamarín]
  • Do 10 ao 12 de agosto de 10 a 14 horas: Obradoiro de Creación Escénica en Cariño [Mostra de Teatro Galego de Cariño]
  • 17 de agosto ás 22:15 horas: Smoke on the water en Cariño [Mostra de Teatro Galego de Cariño]
  • 20 de agosto ás 21:30 h: O mel non caduca na Casa da Cultura da Cañiza
  • 29 de setembro ás 20:30 h: Smoke on the water no Edificio de Servizos Múltiples de Culleredo
  • 30 de setembro ás 21:30 h: Smoke on the water no Auditorio Constante Liste da Ramallosa en Teo
  • 1 de outubro ás 20:00 h: O mel non caduca na Casa da Cultura de Cuntis
  • 2 de outubro ás 18:30 h: O mel non caduca no Auditorio Municipal das Neves
  • 7 de outubro ás 20:00 h: Smoke on the water no Auditorio Municipal da Illa de Arousa
  • 8 de outubro ás 21:00h: Smoke on the water no IES As Barxas de Moaña
  • 14 de outubro ás 20:00 h: Smoke on the water na Casa da Cultura de Bertamiráns en Ames
  • 15 de outubro ás 20:30 h: Smoke on the water na Casa da Cultura da Guarda
  • 23 de outubro ás 19:00 h: Smoke on the water no Teatro Principal de Ourense [FITO. Festival Internacional de Teatro de Ourense]
  • 28 de outubro ás 20:30 h: Smoke on the water no Teatro Coliseo de Eibar [Estrea en castelán]
  • 4 de novembro ás 21:00 h: O mel non caduca no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó en Poio
  • 5 de novembro ás 20:30 h: Smoke on the water no Auditorio Municipal do Grove
  • 6 de novembro ás 19:00 h: Smoke on the water no Auditorio Municipal de Catoira
  • 10 de novembro ás 21:00 h: Smoke on the water no Teatro Principal de Pontevedra
  • 12 de novembro ás 20:00 h: Smoke on the water no Teatro Pastor Díaz de Viveiro
  • 26 de novembro ás 20:00 h: Smoke on the water no Auditorio Municipal de Betanzos
  • 2 de decembro ás 19:00 h: La miel  no caduca no Festival Circular de Madrid [Auditorio do Centro Cultural Antonio Machado]

2021

  • 17 de xaneiro ás 19:00 h: O mel non caduca no Auditorio da Azucreira de Portas
  • 25 de febreiro ás 20:15 h: O mel non caduca no Edificio Multiusos de Monforte
  • 13 de marzo ás 20:30 h: O mel non caduca na Casa da Cultura de Vimianzo
  • 19 de marzo ás 19:30 h: O mel non caduca no Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros
  • 20 de marzo ás 20:00 h: O mel non caduca na Casa da Cultura de Brión
  • 3 de abril ás 20:00 h: O mel non caduca no Auditorio Lois Tobío de Gondomar
  • 8 de abril ás 20:30 O mel non caduca no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo
  • 30 de abril ás 20:00 h: O mel non caduca no Teatro Principal da Estrada
  • 8 de maio ás 20:00 h: O mel non caduca no Auditorio Multiusos da Xunqueira de Redondela
  • 15 de maio ás 20:00 h: O mel non caduca no Auditorio Municipal de Cedeira
  • 21 de maio ás 20:30 h: O mel non caduca no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo
  • 11 de xuño ás 22:00 h: O mel non caduca no Festival Miguel Torga de Mondim de Basto (Portugal)
  • 7 de agosto ás 22:00 h: O Furancho no Mosteiro de Santa María de Melón
  • Do 24 ao 29 de agosto: Obradorio de Escrita Teatral. Cruzamentos Camiño Escena Norte. En La Laboral Ciudad de la Cultura de Xixón
  • 25 de agosto ás 21:00 h: O mel non caduca en Ciudad Rodrigo
  • 1 de outubro ás 21:00 h: O Furancho en Alxén
  • 10 de outubro ás 20:00 h: O mel non caduca na Casa da Cultura de Sada
  • 15 de outubro: O mel non caduca no Teatro Municipal de Tui
  •  16 de outubro: O mel non caduca na Casa da Cultura de Porto do Son
  • 17 de outubro ás 19:00 h: O mel non caduca no Auditorio Municipal de Caldas
  • 29 de outubro ás 22:00 h: O Furancho en Santa Comba
  • 6 de novembro ás 20:00 h: O mel non caduca no Auditorio Municipal de Vilagarcía
  • 7 de novembro ás 19:00 h: O Furancho no Auditorio Municipal da Xuventude de Cambados
  • 14 de novembro ás 18:00 h: O Furancho en Mondariz
  • 20 de novembro: O mel non caduca na Casa da Cultura de Carral
  • 3 de decembro ás 19:00 h: O mel non caduca no Auditorio Municipal de Padrón
  • 4 de decembro ás 20:00 h: O mel non caduca na Casa da Cultura de Outes
  • 17 de decembro: O mel non caduca no Edificio de Servizos Múltiples de Culleredo

2020

  • 24 de xaneiro ás 20:00 h: O mel non caduca no Auditorio Municipal de Catoira (Pre-estrea)
  • 25 de xaneiro ás 20:00 h: Casa O'Rei no Auditorio Multiusos da Xunqueira de Redondela
  • 28 de xaneiro ás 12:00 h: O mel non caduca no Auditorio Municipal de Catoira (función escolar)
  • 31 de xaneiro ás 20:30 h: O mel non caduca no Teatro Principal de Compostela [Estrea]
  • 1 de febreiro ás 20:30 h: O mel non caduca no Teatro Principal de Compostela
  • 27 de febreiro ás 20:30 h: O mel non caduca no Auditorio Municipal do Pazo de Congresos de Ourense
  • 7 de marzo ás 20:30 h: Casa O'Rei no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas
  • 22 de xullo ás 23 h: O mel non caduca na MIT de Ribadavia
  • 23 de agosto ás 21:30 h: O mel non caduca na Casa da Cultura de Cee
  • 10 de setembro ás 20:30 h: Casa O'Rei na Mostra de Teatro Clásico de Lugo
  • 18 de setembro ás 21 h: O mel non caduca no Fórum Metropolitano da Coruña
  • 25 de setembro ás 20:30 h: O mel non caduca na 31ª edición do Festival de Teatro Galego Celso Parada
  • 26 de setembro ás 21 h: O mel non caduca no Auditorio Municipal de Cangas
  • 27 de setembro ás 20:30 h: O mel non caduca no Auditorio de San Ciprián en Cervo
  • 3 de outubro ás 20:30 h: O mel non caduca no Centro Cívico e Xuvenil de Muros [Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021]
  • 9 de outubro ás 20:30 h: O mel non caduca no Auditorio do IES As Barxas de Moaña
  • 16 de outubro ás 21 h: O mel non caduca na Casa da Cultura da Guarda
  • 23 de outubro ás 20:30 h: O mel non caduca no Auditorio Municipal de Rianxo
  • 30 de outubro ás 21 h: O mel non caduca na Sala Bahía de Foz
  • 31 de outubro ás 20 h: O mel non caduca en Castro Urdiales
  • 8 de novembro ás 19:30 h: O mel non caduca na Casa da Cultura de Burela
  • 13 de novembro ás 21 h: O mel non caduca na Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro
  • 14 de novembro ás 20:30 h: O mel non caduca no Auditorio Municipal de Vigo
  • 15 de novembro ás 18 h: O mel non caduca na Casa da Cultura de Allariz [Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021]
  • 19 de novembro ás 20 h: O mel non caduca no Auditorio Constante Liste de Teo [Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021]
  • 29 de novembro ás 20:30 h: O Furancho no Teatro Coliseo Noela de Noia
  • 4 de decembro ás 20:30 h: O mel non caduca no Auditorio Municipal de Ribeira
  • 11 de decembro ás 20:30 h: O Furancho no Teatro Jofre de Ferrol
  • 12 de decembro ás 20 h: O mel non caduca no Pazo da Cultura de Narón 

2019

  • 26 de xaneiro ás 20 h: O Furancho no Auditorio Municipal de Cedeira
  • 2 de febreiro ás 20 h: Raclette no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas
  • 9 de febreiro ás 21:00 h: Casa O’Rei no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo
  • 16 de febreiro ás 20 h: Casa O’Rei no Pazo da Cultura de Narón
  • 21 de febreiro ás 20:30 h: O Furancho no Salón Teatro de Santiago
  • 22 de febreiro ás 20:30 h: O Furancho no Salón Teatro de Santiago
  • 23 de febreiro ás 20:30 h: O Furancho no Salón Teatro de Santiago
  • 24 de febreiro ás 18:00 h: O Furancho no Salón Teatro de Santiago  
  • 9 de marzo ás 22 h: O Furancho no Festival Internacional Miguel Torga en Mondim de Basto (Portugal)
  • 31 de marzo ás 17:30 h: O Furancho en Cerdedo
  • 5 de abril ás 21 h: Raclette no Auditorio Municipal de Melide
  • 13 de abril ás 21 h: O Furancho no Auditorio Municipal do Rosal
  • 27 de abril ás 21 h: O Furancho en Negreira
  • 9 de xuño ás 20:30 h: O Furancho no Edificio de Servizos Múltiples de Culleredo
  • 15 de xuño ás 22 h: Casa O'Rei no Auditorio Parque El Calero de Madrid [Festival Clásicos a la Fresca]
  • Do 22 ao 24 de xullo: Obradoiro de Creación Escénica na MIT de Ribadavia
  • 7 de agosto ás 22:30 h: O Furancho na Cañiza
  • 19 de agosto ás 20:30 h: Casa O'Rei na Mostra de Teatro de Cariño
  • 30 de agosto ás 20:30 h: O Furancho no Auditorio Municipal de Vilagarcía
  • 29 de setembro ás 20:30 h: O Furancho no Teatro Elma da Pobra
  • 5 de outubro ás 20:30 h: O Furancho no Centro Social Polivalente de Brión
  • 12 de outubro ás 21:00 h: Casa O'Rei no Auditorio IES As Barxas de Moaña
  • 13 de outubro ás 20:00 h: Casa O'Rei na Casa da Cultura de Viana do Bolo
  • 18 de outubro ás 21:30 h: Casa O'Rei no Auditorio Municipal de Riveira
  • 19 de outubro ás 20:00 h: Casa O'Rei na Aula Municipal de Cultura de Betanzos
  • 25 de outubro ás 21:00 h: Raclette no Teatro Municipal da Guarda
  • 27 de outubro ás 19:00 h: O Furancho en Carnota
  • 2 de novembro ás 20:30 h: O Furancho no Auditorio Multiusos da Xunqueira de Redondela
  • 8 de novembro ás 21:00 h: Raclette na Casa da Cultura da Laracha
  • 9 de novembro ás 19:30 h: O Furancho no Auditorio Municipal de Padrón
  • 10 de novembro ás 18:30 h: O Furancho no Auditorio Municipal das Neves
  • 15 de novembro ás 21:00 h: Casa O'Rei en Rianxo
  • 22 de novembro ás 21:00 h: Casa O'Rei no Teatro Principal da Estrada
  • 23 de novembro ás 20:30 h: O Furancho no Auditorio de Bembibre de Val do Dubra
  • 24 de novembro ás 19:00 h: O Furancho no Auditorio Municipal de Valdoviño
  • 29 de novembro ás 20:45 h: Raclette no Centro Cívico Cultural de Arteixo
  • 1 de decembro ás 20:00 h: Casa O'Rei na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada
  • 14 de decembro ás 20:00 h: Casa O'Rei no Teatro Principal de Ourense

2018

  • 11 de xaneiro ás 20 h: Raclette no Teatro Principal de San Sebastián
  • 23 de febreiro ás 20:30 h: Casa O'Rei no Auditorio Municipal de Catoira [Pre estrea]
  • 2 e 3 de marzo ás 21 h: Casa O'Rei no Auditorio Municipal de Vigo [Estrea]
  • 9 de marzo ás 20 h: A Filla de Woody Allen no Pazo da Cultura de Narón
  • 16 de marzo ás 21h: Casa O'Rei na Casa da Cultura do Milladoiro
  • 18 de marzo ás 20:30h: Raclette no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo
  • 22 de marzo ás 20:30h: Casa O'Rei no Auditorio Municipal de Ourense
  • 23 de marzo ás 21h: Casa O'Rei no Pazo da Cultura de Carballo
  • 5 de abril ás 20:30h: Raclette no Teatro Afundación de Vigo
  • 6 e 7 de abril ás 20:30h: Casa O'Rei no Teatro Principal de Santiago
  • 14 de abril ás 20:30h: Casa O'Rei no Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros
  • 20 de abril ás 21h: Raclette no Teatro Principal da Estrada
  • 28 de abril ás 21h: Casa O'Rei no Auditorio Municipal de Cangas
  • 3 de maio ás 21h: Casa O'Rei no Teatro Principal de Pontevedra
  • 4 de maio ás 20:30 h: Casa O'Rei no Auditorio do Centro Cívico e Cultural de Arteixo
  • 11 de maio ás 20:30 h: Raclette no Teatro Jofre de Ferrol
  • 12 de maio ás 21h: Casa O'Rei no Teatro Coliseo Noela de Noia
  • 26 de maio ás 21:30h: Casa O'Rei no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa
  • 14 de xuño ás 22h: Casa O'Rei no Salón Teatro de Santiago [Galicia Escena Pro]
  • Do 2 ao 6 de xullo: Obradoiro de Creación Escénica na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
  • 11 de xullo ás 22:30 h: Casa O'Rei nas Noites Teatrais de Vilamarin
  • 4 de agosto: Raclette na Praza da Vila de Sarria
  • 8 de agosto ás 23 h: Casa O'Rei no Festival de Teatro Clásico de Alcántara
  • 6 de setembro ás 20:30 h: O Furancho no Porriño
  • 7 e 8 de setembro ás 21:30 h e 9 de setembro ás 20 h: O Furancho na Sala Ártika de Vigo
  • 13 de outubro ás 20 h: O Furancho na Serra de Outes
  • 18 de outubro ás 17 h: O Furancho no Centro Penal da Lama
  • 27 de outubro ás 20 h: Raclette no Auditorio Multiusos da Xunqueira de Redondela
  • 9 de novembro ás 21:30 h: O Furancho no Auditorio Municipal de Riveira
  • 10 e 11 de novembro ás 20:30 h: Casa O’Rei no Teatro Rosalía Castro da Coruña
  • 23 de novembro ás 21:00 h: O Furancho na Casa da Cultura de Boiro
  • 24 de novembro ás 20 h: Raclette no Auditorio Lois Tobío de Gondomar
  • 30 de novembro ás 20:30 h: Casa O'Rei no XXI Certame de Teatro Garnacha de Rioja en Haro no Teatro Bretón de los Herreros
  • 2 de decembro ás 18 h: Actualización dos Clásicos no Teatro Contemporáneo. Clase maxistral impartida por Santiago Cortegoso dentro das Xornadas de Teatro Clásico Distrito San Blas Canillejas
  • 2 de decembro ás 19 h: Casa O'Rei nas Xornadas de Teatro Clásico Distrito San Blas Canillejas. Centro Cultural Antonio Machado (Madrid)
  • 4 de decembro ás 20 h: Fragmentos de O Furancho na Gala Artístico Reivindicativa Meirás por un pazo público no Teatro Colón da Coruña. 
  • 29 de decembro ás 21:30 h: O Furancho no Centro Social do Mar de Bueu

2017

  • 7 de xaneiro ás 19.00h: O Furancho na Centro Cultural Rosalía de Castro de Domaio (Moaña)
  • 8 de xaneiro ás 20.30h: Marián Bañobre participará no Implícate 2017 no Teatro Principal de - Santiago de Compostela
  • Do 24 ao 27 de xaneiro: Animación de Promoción do programa de Noites Abertas nos institutos e universidades de Pontevedra. O mércores a tarde tamén polas rúas.
  • 3 de febreiro ás 21.00h: Raclette no Pazo da Cultura de Carballo
  • 9 de febreiro ás 20.15h: O Furancho no Edificio Multiusos de Monforte
  • 11 de febreiro ás 20.00h: O Furancho na Sociedade Cultural de Mourente (Pontevedra)
  • 17 de febreiro ás 18.00h: Fitness polas rúas do centro de Vigo
  • 10 de marzo ás 21.00h: Raclette na Casa de Cultura do Milladoiro
  • 18 de Marzo ás 20.00h: O Furancho na Sociedade de Amigos da Paisaxe de O Seixo organizada polo Cim de Mugardos.
  • 24 de marzo as 22.00 Raclette no Teatro Juan del Enzina Salamanca
  • 25 de marzo ás 22.00h: Raclette no Teatro Fernando Arrabal de Ciudad Rodrigo.
  • 7 de Abril ás 21.00h: O Furancho no Auditorio Municipal de Vigo
  • 28 de Abril ás 21.00 h: O Furancho na Laracha
  • 28 de Maio ás 20.00h: O Furancho en Cambre
  • 11 de Xuño ás 12.00 e a 13.15h:"Souvenirs" Roteiro teatralizado polo Casco Vello de Ferrol dentro do Festival Fóra do Mapa.
  • 8 de Agosto: La Hija de Woody Allen en Santa Eulalia de Oscos ( Asturias)
  • 16 de Agosto ás 22.00h: Raclette na Mostra de Teatro Galego de Cariño
  • 17 de Agosto ás 19.00h e ás 21.00h: Fitness na Praza do Concello de Palas de Reis
  • 18 de Agosto ás 12.00h e ás 19.30 h: Fitness na Praza do Concello de Cee
  • 19 de Agosto ás 21.00h: O Furancho en Cee
  • 1 de Setembro ás 21.00h: O Furancho en Pontecaldelas
  • 14-17 de Setembro: Raclette na Nau Ivanow ( Barcelona). Circuito de la red de Teatros Alternativos.http://www.nauivanow.com/es
  • 29 de Setembro-1 de outubro: Raclette en Sala Tarambana (Madrid). Circuito de la red de Teatros Alternativos.http://www.tarambana.net/espectaculos/raclette/  
  • 5 de Outubro ás 20.30: O Furancho en Foz
  • 7 de Outubro ás 20.00h: Raclette no Auditorio Municipal da Xuventude de Cambados
  • 8 de Outubro ás 20.00 h: O Furancho na Casa da Cultura de Viana do Bolo
  • 14 de Outubro ás 21.30h : Raclette no Auditorio Casa da Cultura de Vimianzo
  • 21 de Outubro: O Furancho en Carral
  • 3 de Novembro ás 21.00h: O Furancho na Casa de Cultura de Burela
  • 4 e 5 de Novembro ás 20.00h: Raclette en Escena Miriñaque (Santander). Circuito de la red de Teatros Alternativos.http://www.escenamirinaque.es   
  • 10 de Novembro ás 20.30h: O Furancho no Auditorio do Centro Cívico de Malpica
  • 11 de Novembro ás 21.00h: Raclette no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.
  • 17 de Novembro ás 21.30h: Raclette no Salón Teatro de Lalín 
  • 18 de Novembro ás 22.30h:  Raclette en Ponteceso.
  • 24 de Novembro ás 21.30h: Raclette no Auditorio Municipal de Verín
  • 8 de Decembro ás 20.00h : Raclette en Serra de Outes.
  • 9 de Decembro ás 21.00h: Raclette no Auditorio Municipal do Carballiño
  • 15-17 de Decembro ás 20.30h: Raclette en La Fundición (Sevilla). Circuito de la red de Teatros Alternativos.http://www.fundiciondesevilla.es/
  • 21-23 de Decembro ás 20.00h: Raclette en Espacio Inestable (Valencia). Circuito de la red de Teatros Alternativos. http://www.espacioinestable.com/espectaculo/1/raclette-ibuprofeno-teatro-rta.html 
  • 29 de Decembro ás 21.00h: O Furancho no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó en Poio

2016

  • 15 de Xaneiro ás 21.00h; Pre-estrea de RACLETTE no Auditorio Municipal de Rianxo
  • 22 e 23 de Xaneiro ás 20.30h: Estrea de RACLETTE no Teatro Rosalía Castro de A Coruña. 
  • 29 ( matinal) e 30 de Xaneiro ás 21.00h: RACLETTE no Auditorio de Cangas 
  • 19 e 20 de Febreiro ás 21.30h: A FILLA DE WOODY ALLEN na Sala Ingrávida de Porriño 
  • 5 de Marzo 20.30h: O FURANCHO no Auditorio Gabriel García Marquez de Oleiros 
  • 18 de Marzo ás 21.00h: RACLETTE no Auditorio Municipal de Vigo. 
  • 1 de Abril ás 21.00h: O FURANCHO no Teatro Principal da Estrada 
  • 7 de Abril 20.30h: RACLETTE no Auditorio Municipal de Ourense 
  • 22 de Abril ás 11.30(concertada IES) e ás 21.00h: RACLETTE no Pazo da Cultura de Pontevedra 
  • 23 de Abril ás 20.00h: O FURANCHO na Aula Municipal de Cultura de Betanzos 
  • 6 de Maio ás 21.00h: O FURANCHO no Auditorio Municipal de A Illa de Arousa. 
  • 7 de Maio ÁS 20.00h: Isabel Risco e Marián Bañobre presentan a Gala de AFAMO no Auditorio Municipal de Cangas 
  • 8 de Maio ás 19.30h: O FURANCHO na Azucreira de Portas. 
  • 21 de Maio ás 21.00h: A FILLA DE WOODY ALLEN no Auditorio Casa da Cultura de Vimianzo 
  • 27 de Maio ás 21.00h: O FURANCHO no Teatro de Vila Real (Portugal) 
  • 30 de maio- 3 de xuño de 10.00 a 14.00: Obradoiro de Creación Escénica no Antigo Hospicio (Ferrol), Festival Fóra do Mapa 
  • 3 de Xuño ás 18.00h/18.45h/19.30h/20.15h; Microactos Pseudorrevolucionarios dentro do espazo Teatro Miudo do festival Fóra do Mapa (Ferrol) 
  • 5 de Xuño ás 12.30h: Mostra Obsolescencia Programada cos participantes no Obradoiro de Creación Escénica de Fora do Mapa. (Ferrol) 
  • 7 de Xuño ás 22.00h: RACLETTE no Salón Teatro de Santiago dentro de GALICIA ESCENA PRO 
  • 11 de Xuño ás 21.00h: A FILLA DE WOODY ALLEN no Teatro Colón de A Coruña. 
  • 12 de Xuño ás 21.30h: O FURANCHO en Campolameiro. 
  • 24 de Xuño ás 23.30: " O Furancho" en Moaña (ao aire libre) dentro do programa cultural da festa Moaña Antiqua. 
  • 1 de Xullo: Pregón da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas por Marián Bañobre 
  • 7 de Xullo: Presentación concertos Cultura Aberta da Deputación de Lugo. 
  • 14 de Xullo: Presentación concertos Cultura Aberta da Deputación de Lugo 
  • 15 de Xullo ás 22.30h: O FURANCHO nas Noites Teatrais de Vilamarín 
  • 16 de Xullo ás 22.00h:fragmentos de O FURANCHO na Casa do Pobo Val- Sobral de Soutomaior. 
  • 21 de Xullo: Presentación concertos Cultura Aberta da Deputación de Lugo 
  • 24 Xullo a 13.00h e ás 20.00h: Fitness na MIT de RIBADAVIA. 
  • 28 de Xullo ás 21.00h: Presentación concertos Cultura Aberta da Deputación de Lugo 
  • 30 de Xullo ÁS 19.00H: Fitness en Redondela 
  • 4 de Agosto ás 21.00h: Presentación concertos Cultura Aberta da Deputación de Lugo 
  • 5 de Agosto ás 21.00h: RACLETTE en Lugo dentro do programa de Cultura Aberta 
  • 25 de Agosto ás 20.00h: RACLETTE na FEIRA DE CIUDAD RODRIGO (estrea en castelán) 
  • 2 e 3 de Setembro ás 21.30h: O FURANCHO na Sala Ingrávida de Porriño 
  • 14 de Setembroás 20.30h: RACLETTE no Teatro Principal de Santiago de Compostela 
  • 17 de Setembro ás 21.00h: A FILLA DE WOODY ALLEN no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. 
  • 24 de Setembro ás 21.00h: O FURANCHO no Auditorio de Bandeira en Silleda. 
  • 2 de Outubro ás 20.30h: O FURANCHO no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo
  •  8 de Outubro ás 22.00h: RACLETTE nos IES As Barxas dentro dos Circuitos Culturais de Moaña
  • 22 de Outubro ás 20.30h: RACLETTE no Teatro Pastor Díaz de Viveiro 
  •  28 de Outubro ás 21.00h: RACLETTE no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras 
  • 29 de Outubro ás 20.00h: A Filla de Woody Allen no Auditorio Municipal de Vilaba 
  • 4 de Novembro ás 21.00h: A Filla de Woody Allen no Auditorio Municipal de Catoira
  • 5 de Novembro ás 20.30h: RACLETTE no Teatro Municipal de Tui 
  • 11 de Novembro ás 20.30h: O FURANCHO no Auditorio Reveriano Soutullo en Ponteareas 
  • 12 de Novembro 20.30h: A Filla deWoody Allen no Auditorio Municipal da Pobra do Caramiñal, dentro de festival FESTEAR 
  • 18 de Novembro ás 20.30h : O FURANCHO na Casa da Cultura de Neda 
  • 19 de Novembro ás 22.30h: O FURANCHO na Casa da Cultura de Ponteceso 
  • 25 de Novembro ás 11.30h ( só centros concertados) e ás 21.00h : A FILLA DE WOODY ALLEN no Auditorio Municipal de Caldas de Reis. DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
  • 26 de Novembro ás 20.30h: RACLETTE no Auditorio Gabriel García Marquez de Oleiros 
  • 27 de Novembro ás 20.00h : A FILLA DE WOODY ALLEN na Casa da Cultura de Sarria 
  • 6 de Decembro 19.00h: A FILLA DE WOODY ALLEN no Auditorio Municipal de Padrón
  • 8 de Decembro ás 20.30h: RACLETTE no XIX Certame Nacional de Teatro Garnacha da Rioja, en Haro
  • 10 de Decembro ás 20.00h: RACLETTE no Auditorio de Narón 
  • 11 de Decembro ás 20.30h: RACLETTE no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada 
  • 28 de Decembro ás 22.00h: O FURANCHO no Auditorio Luis Tobío de Gondomar

2015

  • 27, 28 de Febreiro ás 21.00: ESTREA de " O FURANCHO" no Auditorio Municipal de Cangas. O día 27 faremos tamén unha función para institutos ás 11.00h 
  • 6 de Marzo ás 20.30:" O Furancho" en A Guarda dentro das Xornadas da muller 
  • 7 de Marzo ás 20.00: "O Furancho" en Cuntis no Centro Patelas dentro das Xornadas da muller. 
  • 8 de Marzo ás 19.30: " O Furancho" no Casa da Cultura de Allariz dentro das Xornadas da muller. 
  • 18 de Marzo: " O Furancho" no Auditorio Municipal de Ourense dentro das Xornadas da muller. 
  • 21 de Marzo 20.30: "O Furancho" no Teatro Colón de A Coruña. venda anticipada de entradas : pincha aqui
  • 28 de Marzo ás 21.30.: " O Furancho" no Teatro Principal de Pontevedra dentro do programa de Noites Abertas. Esta función levarase a cabo dentro da actividade "Descubre o teatro por dentro"que comeza ás 20. Mais info:pincha aqui
  • 5 de Abril ás 20.30;" Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios.." no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo. 
  • 10 e 11 de Abril ás 21.30: "Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios.." na Sala Ingrávida O Porriño 
  • 17 de Abril ás 20.30 :"O Furancho"no Sala de exposición da deputación de Lugo 
  • 23 de Abril ás 20.30 : "Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios.."no Teatro Principal de Ourense dentro da MITEU 
  • 6 de Maio ás 12.00" A Filla de Woody Allen"CIFP A Xunqueira (Pontevedra) 
  • 8 de Maio ás 21.00" Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios.." Teatro Principal da Estrada 
  • 15 de Maio ás 21.30: " O Furancho" na casa da cultura de Meira (Lugo) dentro dos Seráns Culturais 
  • 16 de Maio :"O Furancho" na Pobra do Brollón(Lugo) dentro dos Seráns Culturais 
  • 22 de Maio ás 21.00 e 23 de Maio a 13.00: "Fitness" no Festival Umore Azoka de Leioa (Euskadi) 
  • 6 de Xuño ás 21.00: " A Filla de Woody Allen" no Auditorio Municipal da Illa de Arousa (Pontevedra) 
  • 28 de Xuño ás 21.00h:"O Furancho" no Auditorio de Caldas de Reis 
  • 2, 3 e 4 de xullo: "Fitness"na Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (Bueu 02-07-15 12:00 Cangas 03-07-15 12.00 e 21.30 Moaña 04-07-15 12:00) 
  • 11 de xullo ás 00.00h : " A Filla de Woody Allen" no Festival de Teatro en la calle de Villanueva de la Serena (Badajoz) 
  • 25 de xullo a partir das 18.00h: Fragmentos de "O Furancho" no cafe-concerto do FEST.GAL. Ver web
  • 7 de Agosto ás 21.00h: "Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios"nos Xardíns da Deputación de Lugo dentro do programa Cultura Aberta 
  • 8 de Agosto ás 22.00h :" O Furancho" en Sarria. 
  • 9 de Agosto ás 16.30: "Fitness" na Praza do Concello de Sobrado (A Coruña) 
  • 22 de Agosto ás 18.00h: "Fitness" nas Piscinas da Granxa, Verín (Ourense). No caso de mal tempo trasladarase ao centro da vila. 
  • 4, 5 setembro ás 21.30h e 6 de setembro ás 20.00h: " A Filla de woody Allen" na Sala Artika (Vigo) 
  • 10 de Setembro ás 22.30h:"O Furancho" no Auditorio do Carballiño dentro do FETEGA (Festival de Teatro Galego) 
  • 18 e 19 de setembro: " FITNESS" na Mostra Internacional de Mim a Sueca (Valencia). Ver horarios pases
  • 25 de setembro: " FITNESS" no FIOT de Carballo. Doble pase; ás 20.00 e as 22.30 polos locais de hostelería participantes na Rúa dos Contos. 
  • 16 de Outubro ás 20.00h: "O Furancho" no Centro Cívico e Cultural de Arteixo 
  • 24 de Outubro ás 22.00h: " O Furancho" nos Circuitos Teatrais de Moaña 
  • 30 de Outubro ás 21.00h : "O Furancho" na Casa da Cultura de Bertamiráns 
  • 31 de Outubro 20.00h : "O Furancho" no Multiusos da Xunqueira de Redondela 
  • 3 de Novembro ás 22.00h: Showcases de" O Furancho" no Salón Teatro de Santiago, dentro do Galicia Escena Pro 
  • 6 , 7 e 8 de Novembro ás 20.00h : "A filla de Woody Allen" na Mostra Internacional de Teatro" Mujeres que cuentan"en Ábrego (Santander) 
  • 13 de Novembro ás 21.30h : "O Furancho" no Salón Teatro de Lalín 
  • 14 de Novembro ás 21.30h: "O Furancho" no Centro Cultural e Xuvenil de Muros 
  • 21 de Novembro ás 20.30h: "O Furancho" no Auditorio de Rianxo. 

2014 

  • 20 de Febreiro: "PEQUEÑOS ACTOS PSEUDORREVOLUCIONARIOSque non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos", no Teatro Filarmónica de Oviedo, ás 20.00 h. 
  • 23 de Febreiro: " A FILLA DE WOODY ALLEN" en Cuntis no centro PATELAS, ás 20.00 h. 
  • 7 de Marzo ás 19.00h: "FITNESS" en Arteixo ( Auditorio municipal- Acto día da muller) 
  • 9 de Marzo: " FITNESS" en Cuntis (dous pases; pola mañá e pola tarde na festa do Lacón) 
  • 27 de Marzo: " Gala dos premios María Casares de Teatro" ás 20.30 h no Teatro Rosalía de Castro e ás 23.45 na TVG 
  • 4 de Abril: "PEQUENOS ACTOS PSEUDORREVOLUCIONARIOS que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos",ás 20.30h no Forum Metropolitano de A Coruña. 
  • 11 de Abril : "DESCUBRE O TEATRO POR DENTRO", actividade do programa de NOITES ABERTAS DE PONTEVEDRA. Este ano presentaremos HÁMSTER da compañía TRIATREROS. Actividade completa de 20.00 a 00.00h 
  • 26 de Abril: "PEQUENOS ACTOS PSEUDORREVOLUCIONARIOS que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos", ás 21.00h no Auditorio de Cangas do Morrazo 
  • 27 de Abril: " A FILLA DE WOODY ALLEN"ás 20.00 h no Teatro Jofre de Ferrol 
  • 22 de maio ás 21.00h : "PEQUENOS ACTOS PSEUDORREVOLUCIONARIOS que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos", ás 21.00h no Teatro Principal de Santiago de Compostela 
  • 5, 6 e 7 de Xuño:" VULTO" , A REGADEIRA DE ADELA (Santiago de Compostela). Pases ás 21.00-21.30-22.00h 
  • Sábado 14 de Xuño:" VULTO" ESPACIO VIVO (Ferrol).Pases ás 20.00-20.30-21.00-21.30-22.00h 
  • Xoves 3 de Xullo:" VULTO" LA TUERKA 27 (A Coruña). Pases ás 20.30-21.30-22.30 
  • Sábado 5 de Xullo:" VULTO"MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS. Pases ás 12.00-12.45-13.30-20.30-21.15-22.00 
  • Xoves 10 de Xullo:" VULTO" LICEO MUTANTE (PONTEVEDRA). Pases ás 22.00 e 22.30 
  • Venres 11 de Xullo: " VULTO"BOU EVA (VIGO). Pase único ás 21.30 
  • Domingo 28 de decembro: "A Filla de Woody Allen" no auditorio do Piñeiral do Crego en Chapela (Redondela), dentro do Festival de monólogos O LARETA, ás 20.00 h. 

2013 

  • DO 18 O 21 DE FEBREIRO: "FITNESS" (ESTREA) polos IES, Facultades e rúas de Pontevedra. 
  • 8 DE MARZO, ÁS 20.00: " FITNESS" Fogar de Maiores de ALLARIZ 
  • 6 DE ABRIL, ÁS 21.00: "PEQUENOS ACTOS PSEUDORREVOLUCIONARIOS que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos" TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA. 
  • 13 e 14 DE ABRIL, ÁS 21.00 e ÁS 20.00 respectivamente: " A FILLA DE WOODY ALLEN" no AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS DO MORRAZO 
  • Venres 3 de maio Marián Bañobre en ESCAPÁRATE (Pontevedra) guiando con FITNESS o Teatro en Escaparates que organiza o grupo Chévere. Máis información: http://redenasa.tv/es/axenda/evento/escaparate-pontevedra/
  • Sábado 4 de maio Marián Bañobre (xunto con Isabel Risco) presenta o Festival Afamo 2013 no Auditorio de Cangas do Morrazo, ás 20.00h 
  • 27 de maio: "A Filla de Woody Allen" no IES CARLOS CASARES de VIGO. 
  • 15 e 16 de Xuño: LABORATORIO DE CREACIÓN ESCÉNICA con IBUPROFENO TEATRO na ESCOLA DE TEATRO PASO DE VALVERDE (ARTEIXO) (máis información)
  • "PEQUENOS ACTOS PSEUDORREVOLUCIONARIOS que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos", 28 de xuño ás 23.00 na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo 
  • OBRADOIRO DE CLOWN con Marián Bañobre dentro do programa PONTEVEDRAN que promove xuventude no Concello de Pontevedra.(folleto) Días 29, 30, 31 xullo e 1 e 2 agosto. 
  • "FITNESS" 1 de Agosto Ribadeo ás 20.00 h 
  • "FITNESS" 13 de agosto Monforte de Lemos ás 12.00 e ás 20.00 
  • "FITNESS" 15 de setembro O Barco de Valdeorras ás 19.30h. 
  • OBRADOIRO DE CLOWN con Marián Bañobre dentro do proxecto BUXIGANGA no Teatro de Ribadeo do 16 ao 20 de setembro en horario de 20.30 a 23.30 e o sábado 21 de 9.00 a 14.00h. (proxecto buxiganga)
  • "A Filla de Woody Allen" o 16 de novembro ás 20.30h no Auditorio Municipal de Rianxo. 
  • "A Filla de Woody Allen" o 28 de novembro na Coruña ás 19.30h (Facultad de Filología Campus da Zapateira), dentro das xornadas Lingua e Teatro do Servizo de Normalización Linguística de la USC. 
  • "FITNESS", 1 de decembro ás 13.00h no CULTURGAL, no recinto feiral de Pontevedra. 
  • Curso de dramaturxia Roberto Vidal Bolaño, impartido por Santiago Cortegoso no Museo Provincial de Lugo dentro do Proxecto BUXIGANGA. Días 12 e 26 de setembro; 17,24 e 31 de outubro;14, 21 e 28 de novembro e 12 e 13 de decembro en horario de 17.00 a 21.00h (máis información).Mostra final de traballos o día 27 de decembro ás 20.00h no Museo Provincial de Lugo (entrada gratuita) 

2012 

  • 8 e 9 de Febreiro: A FILLA DE WOODY ALLEN no TEATRO PRINCIPAL DE COMPOSTELA
  • 25 de Febreiro: A FILLA DE WOODY ALLEN no AUDITORIO MUNICIPAL DE CEDEIRA
  • 8 de Marzo: A FILLA DE WOODY ALLEN na CASA DE CULTURA DE A GUARDA
  • 9 de Marzo: A FILLA DE WOODY ALLEN no AUDITORIO do CENTRO CÍVICO DE ARTEIXO    
  • 17 de Marzo: A FILLA DE WOODY ALLEN na Casa de Cultura de AGURAIN (VITORIA-EUSKADI)
  • 30 e 31 de Marzo e 1 de Abril: A FILLA DE WOODY ALLEN no TEATRE SANS (PALMA DE MALLORCA)
  • 14 de Abril: A FILLA DE WOODY ALLEN no AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE DE LUGO
  • 21 de Abril: A FILLA DE WOODY ALLEN na AULA MUNICIPAL DE CULTURA DE BETANZOS
  • 27 de Abril: A FILLA DE WOODY ALLEN no TEATRO PRINCIPAL DA ESTRADA
  • 4 de Maio: A FILLA DE WOODY ALLEN na Casa da Cultura de AZUQUECA DE HENARES (GUADALAJARA)
  • 19 de Maio: A FILLA DE WOODY ALLEN no AUDITORIO LOIS TOBÍO DE GONDOMAR
  • 16 de OUTUBRO: A FILLA DE WOODY ALLEN no FITO (OURENSE)
  • 2 DE NOVEMBRO: A FILLA DE WOODY ALLEN no SALÓN TEATRO de LALÍN 
  • 3 DE NOVEMBRO: A FILLA DE WOODY ALLEN no CENTRO CULTURAL AVENIDA de A RÚA 
  • 4 DE NOVEMBRO: A FILLA DE WOODY ALLEN no CENTRO CULTURAL AVENIDA de A RÚA 
  • 14 DE NOVEMBRO: A FILLA DE WOODY ALLEN na MOSTRA DE AUTORES CONTEMPORÁNEOS DE ALICANTE 
  • 15, 16,17 e 18 DE NOVEMBRO: A FILLA DE WOODY ALLEN na SALA ULTRAMAR (VALENCIA) 
  • 30 DE NOVEMBRO: ESTREA "pequenos ACTOS PSEUDORREVOLUCIONARIOS que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos" no TEATRO ENSALLE de VIGO 
  • 1 DE DECEMBRO: "pequenos ACTOS PSEUDORREVOLUCIONARIOS que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos" no TEATRO ENSALLE de VIGO 
  • 2 DE DECEMBRO: "pequenos ACTOS PSEUDORREVOLUCIONARIOS que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos" no TEATRO ENSALLE de VIGO 
  • 8 DE DECEMBRO: "pequenos ACTOS PSEUDORREVOLUCIONARIOS que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos" no CENTRO CULTURAL AVENIDA de A RÚA 

2011 

  • 25, 26 e 27 DE FEBREIRO: A FILLA DE WOODY ALLEN no TEATRO ENSALLE (VIGO)
  • 19 DE MARZO: A FILLA DE WOODY ALLEN na SALA SANTART (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
  • 25 DE MARZO: A FILLA DE WOODY ALLEN no TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA (DENTRO DO PROGRAMA DE NOITES ABERTAS.
  • 16 E 17 DE ABRIL: A FILLA DE WOODY ALLEN no SALÓN TEATRO (COMPOSTELA)
  • 14 DE MAIO: A FILLA DE WOODY ALLEN no TEATRO DE CAJASTUR (OVIEDO)

2010

  • 8 de marzo: ESTREA A FILLA DE WOODY ALLEN en Allariz 
  • 17 de marzo: A FILLA DE WOODY ALLEN en Ourense (no Auriense) 
  • 19 de marzo: A FILLA DE WOODY ALLEN en Bueu (no Aturuxo) 
  • 26 de marzo: A FILLA DE WOODY ALLEN en Mugardos (no Centro Cultural do Seixo) 
  • 9 de xullo: A FILLA DE WOODY ALLEN na Mostra Internacional de Teatro Cómico de Cangas 
  • 25 de agosto: A FILLA DE WOODY ALLEN na Mostra de Teatro de Cee 
  • 21 e 22 de setembro: A FILLA DE WOODY ALLEN en Madrid (Sala Triángulo) 
  • 8 de outubro: A FILLA DE WOODY ALLEN no FIOT de Carballo (Casa da Xuventude) 
  • 9 e 11 de outubro: A FILLA DE WOODY ALLEN en Moaña (Circuítos Culturais) 
  • 19 de outubro: A FILLA DE WOODY ALLEN en Santiago de Compostela (Feira Galega das Artes Escénicas)
Gardar
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar