Skip to main content

Deadpan Karaoke poderá verse este verán na MIT de Ribadavia e na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo

20 xuño 2024

Ibuprofeno

20 xuño 2024

A última montaxe de Ibuprofeno Teatro, Deadpan Karaoke, formará parte da programación da 40 edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e da 27 edición da Feria de Teatro de Castilla y León – Ciudad Rodrigo, cita na que se estreará a versión en castelán do espectáculo. En Ribadavia a montaxe protagoniza a sesión golfa do sábado 20 cunha función ás 01:00 horas no Club Artístico, as entradas poñeranse á venda a partir do 30 de xuño.

Deadpan Karaoke foi galardoado con dous María Casares na pasada edición destes premios: mellor maquillaxe (Baia Fernández) e mellor espazo sonoro (Mónica de Nut). É unha viaxe a través do humor, da música e do cine para tratar de responder á pregunta de se hai lugar para o amor nesta sociedade tardocapitalista na que vivimos. Dirixida por Patricia Rodríguez e con Marián Bañobre como protagonista, a proposta ten unha clara ambición plástica e coloca ao espectador nun karaoke que transita do real ao onírico, do cine á vida a través da música e da sorpresa.

 

[A función de Ciudad Rodrigo conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais e as súas axudas á distribución]

Gardar
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar