Skip to main content

A Fundación SGAE vén de publicar unha edición bilingüe de 'Raclette'

11 setembro 2018

Ibuprofeno

11 setembro 2018

O texto de Santiago Cortegoso, que foi finalista á Mellor Autoría Teatral nos XX Premios Max e resultou gañador do Premio Álvaro Cunqueiro en 2014, pode atoparse agora en edición bilingüe castelán-galego. O selo Teatro Autor da Fundación SGAE edita a obra que distribúe UDL Libros.

 

A través dunha raclette urbana e contemporánea o autor entrelaza dúas tramas sen aparente relación para falarnos de temas universais coma a morte, a parella, a maternidade ou a culpa. O mesmo Cortegoso levou a escena este texto coa súa compañía Ibuprofeno Teatro, que se estreou no Teatro Rosalía Castro da Coruña en xaneiro de 2016. A obra obtivo un grande éxito de crítica e público percorrendo gran parte da xeografía española e acadando, entre outros, o Premio a Mellor Espectáculo de Sala na 19ª edición da Feria de Ciudad Rodrigo. Supuxo ademais para Cortegoso ser novamente finalista nos Premios Max esta vez nas categorías de Mellor Autoría e Dirección.

Outros traballos de Cortegoso como autor son: Casa O'Rei (Morgante Editora 2010 e estreado por Ibuprofeno Teatro en 2018), O Furancho (Morgante Editora 2016 e estreado en 2015 por Ibuprofeno Teatro), Smoke on the water (Premio Varela Buxán 2013), El charco de Ulises (becado en Iberescena 2010 e editado en Artezblai), 0'7 % MOLOTOV (Premio Rafael Dieste 2009 e estreado por Teatro de Ningures en 2010),  e Hámster (seleccionado en Magalia 2008 e publicado no número 60 da Revista Galega de Teatro, e estreado na Sala Triángulo de Madrid en 2009).

 

 

Gardar
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar