Skip to main content

O 8 de xuño abre o prazo de inscrición no Obradoiro da Mostra de Cangas

04 xuño 2018

Ibuprofeno

04 xuño 2018

O vindeiro venres 8 de xuño abre o prazo de inscrición para o Obradoiro de Creación Escénica que impartiremos na Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, e no que trataremos de reproducir a pequena escala o método de creación co que traballamos.

O taller de 20 horas lectivas levarase a cabo nas Naves de Ojea de Cangas entre o 2 e o 6 de xullo, ambos incluídos, en horario de 10 a 14 horas. O prezo é de 60 € e hai dispoñibles 15 prazas.

A inscrición poderá realizar a partir das 10 horas do venres 8 de xuño e ata as 10 horas do luns 25 de xuño. É imprescindible enviar o formulario de inscrición debidamente cumprimentado a: Este endereço de email está protegido contra piratas. Necessita ativar o JavaScript para o visualizar.. A selección será por rigorosa orde de inscrición.

Tedes toda a información e o formulario dispoñible para descargar AQUÍ

Gardar
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar