Skip to main content

Reconversión nas Noites Teatrais de Vilamarín e na MIT de Ribadavia

04 xullo 2025
04 xullo 2025

Neste mes de xullo a montaxe 'Reconversión'poderá verse en Vilamarín, dentro da programación das Noites Teatrais, e en Ribadavia, na 41ª Mostra Internacional de Teatro.A primeira das citas será en Vilamarín o martes 15 de xullo ás 22:00 horas no Auditorio Municipal, a entrada é de balde ata completar aforo.

O mércores 23 de xullo 'Reconversión' estará no Auditorio 'Rubén García' do Castelo ás 23:00 horas, dentro da programación da MIT de Ribadavia. A información sobre a venda de entradas está dispoñible na web da MIT: www.mitribadavia.gal

'Reconversión' é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión naval na Ría de Vigo, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso. O texto, creado ao abeiro do XI Laboratorio Teatral da Fundación SGAE 2023 e publicado en galego por Edicións Positivas, narra a historia do pai do autor, un home que traballou no astaleiro Ascón durante 30 anos. Cortegoso lévanos do íntimo ao político sintetizando na persoa de seu pai as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos 70 e nos 80.

FaLang translation system by Faboba
Gardar
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar