Skip to main content

A montaxe 'Deadpan Karaoke' é recoñecida con dous premios María Casares

Baia Fernández recibe o premio á mellor caracterización e Mónica de Nut ao mellor espazo sonoro
22 marzo 2024

Ibuprofeno

22 marzo 2024

'Deadpan Karaoke' foi recoñecida con dous premios María Casares na XXVIII edicións destes galardóns que outorga a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Baia Fernádez recibiu o premio á mellor caracterización pola concepción e realización da labor de maquillaxe e perruquería da personaxe Deadpan, interpretada por Marián Bañobre. Mónica de Nut recibiu o premio ao mellor espazo sonoro polo seu traballo e a súa pericia para facer convivir os distintos elementos sonoros dunha montaxe na que a música e o son son fundamentais.

 

Foron premiados tamén os espectáculos: A inimiga do pobo de Talía Teatro (7 galardóns), O auto do Castromil de Producións Teatrais Excéntricas (2 galardóns), Nanai da China de Pérez&Fernández (1 galardón), Crisálida de Caramuxo Teatro (1 galardón), Shakespeare en Roma do CDG (1 galardón), Entrega en man de Contraproducións (1 galardón), Un hotel de primeira sobre o río do CDG (1 galardón) e Códice K de Ainé (1 galardón).

 

Podedes ver a lista completa de premiados AQUÍ

Gardar
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar