Skip to main content

SMOKE ON THE WATER NA SALA ÁRTIKA

Descripción

Ao remate da función do sábado 21 haberá un coloquio co público: "Rock and roll e marxinación social"
Coa participación do equipo da función (intérpretes e director) e Alicia Figueiras, traballadora de Servizos sociais comunitarios no Concello de Padrón.
 

Traxicomedia sórdida

Unha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor. 


Ritchie (Blackmore) vive ancorado no rock and roll de los 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposible de desenlear. Este "status quo" absurdo, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie. 

A intervención de Joan Baez, empregada de banca que xestiona a hipoteca de Ritchie, clienta de Álex, propicia un final pateticamente feliz ao enredeo amoroso-financieiro entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón. 

PREMIO MARÍA CASARES AO MELLOR ACTOR PROTAGONISTA (JOSITO PORTO) E AO MELLOR ESPAZO SONORO (MON ORENCIO)

  • Elenco:
    • Josito Porto: Ritchie
    • Belén Constenla: Janis
    • Adrián Ríos: Alex
    • María Costas: Amparo, Joan Baez
    • Mon Orencio: Músico en escena
  • Dirección e texto: Santiago Cortegoso
  • Movemento escénico e axudantía de dirección: Carmela Bueno
  • Espazo escénico: Pablo Giráldez 'O Pastor'
  • Deseño de iluminación: Salvador del Río
  • Deseño de vestiario: Marián Bañobre
  • Xastra: Bety Busto
  • Caracterización: Baia Fernández
  • Espazo sonoro e dirección musical: Mon Orencio
  • Imaxe: Diego Seixo
  • Técnico en xira: Héctor Pazos
  • Cobertura técnica: Ningures Produción S.L.
  • Vídeo: José V. Estonllo
  • Produción: Marián Bañobre
  • Produción e comunicación: Fátima R. Varela
  • Distribución: Ibuprofeno Teatro S.L.

Localización

SALA ÁRTIKA DE VIGO

Calle
Avenida da Beiramar 113
Ciudad
36208 Vigo
Provincia
Pontevedra
País
España
Url
https://www.artikavigo.com/
Guardar
Preferencias del usuario de cookies
Utilizamos cookies para almacenar y acceder a información en su dispositivo. A continuación le mostramos un panel de configuración en el que puede activar o desactivar el uso de cookies. Haciendo clic en cada una de las finalidades encontrará información sobre su finalidad y funcionamiento. Puede gestionar su consentimiento desde los botones de Aceptar/Rechazar o aceptarlas desde el botón ACEPTAR TODAS. Podrá cambiar sus preferencias en cualquier momento, volviendo a esta web. También puede encontrar información sobre configuración, origen y finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rechazar todas
Leer más
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rechazar