RECONVERSIÓN EN CARBALLO
Descripción
RECONVERSIÓN é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.
Entre o íntimo e o político, o proxecto, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80.
RECONVERSIÓN é unha viaxe desde a posguerra ata o“Felipismo”dos 80, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.
Artur Abad: Percusións, Coro, Soplete, Outros
Cristina Collazo: Trompa, Coro, Avoa, Outras
Santiago Cortegoso: Percusións, Coro, O fillo
César Goldi: Percusións, Coro, Figueroa, Naranjito, Outros
Celia González: Clarinete, Coro, A nai, Outras
Davide González: Saxofón, Coro, Felipe González, Outros
Fran Lareu: Trompeta, Coro, O pai, Outros
Nani Matos: Tuba, Coro, Boyer, Outros
Texto e dirección: Santiago Cortegoso
Codirección e Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Escenografía: Pablo Giráldez “O Pastor”
Deseño de son e dirección musical: Caxade
Vestiario: Marián Bañobre
Xastra: Bety Busto
Caracterización: Baia Fernández
Movemento escénico: Armando Martén
Imaxe e fotografía: Diego Seixo
Asistenta de dirección: Natalia Feijoo
Técnico en xira: Héctor Pazos
Produción e comunicación: Fátima R. Varela
Produción e distribución: Ibuprofeno Teatro SL