OBRADOIRO DE ESCRITA TEATRAL 'VOMITAR E ESTRUTURAR'
Descripción
Observo o mundo que me rodea. O caos. Analizo os comportamentos. O ser humano. As construcións sociais. Teño a miña visión. Son unha perspectiva entre millóns. Da ocorrencia paso á idea. Estruturo a información. Busco un relato. Cultivo a palabra. Penso no escenario.
Neste taller proponse abordar a escrita teatral dun xeito aberto e liberador. Fronte os modelos convencionais de planificación dramatúrxica, imos enfocar os procesos de creación dramática desde o impulso, como un intento de plasmar os abismos psicolóxicos e emocionais internos, deixándonos contaxiar pola interrelación cos compañeiros e pola análise dun entorno social complexo e contraditorio.
OBXECTIVOS
Xerar textos para teatro a partir de xogos prácticos de dramaturxia.
DIRIXIDO A
Actores/ices, creadorxs, directorxs, escritorxs e, en xeral, calquera persoa interesada en coñecer e experimentar procesos de creación dramatúrxica.
Máis información no email
Localización
SALA ÁRTIKA DE VIGO
- Calle
- Avenida da Beiramar 113
- Ciudad
- 36208 Vigo
- Provincia
- Pontevedra
- País
- España