DEADPAN KARAOKE NA POBRA DO CARAMIÑAL
Descripción
Deadpan, que en inglés significa “cara morta, baleira de expresión, imperturbable”, Karaoke, do xaponés Kara (baleiro) e oke (orquestra).
Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, e que trata de dar resposta á pregunta: É posible o amor nesta sociedade tardocapitalista na que vivimos? Deadpan é un personaxe incapaz de sentir e expresar emoción. A través das súas accións e grazas á contextualización das mesmas dentro dun karaoke, consegue facer accesibles e divertidas para o gran público cuestións e dilemas que ocupan aos grandes pensadores contemporáneos.
- Dirección: Patricia Rodríguez
 - Interpretación: Marián Bañobre
 - Creación e dramaturxia: Patricia Rodríguez e Marián Bañobre
 - Axudantía de dirección e coreografías: Carmela Bueno
 - Deseño de son e composición musical: Mónica de Nut
 - Deseño de iluminación e escenografía: Violeta Martínez
 - Deseño e realización de audiovisuais: Marta Valverde, Gustaf Nilsson e Javier Lueje
 - Deseño de vestiario: Marián Bañobre
 - Realización de vestiario: Bety Busto e Marián Bañobre
 - Caracterización: Baia Fernández
 - Asesora de canto: María Costas
 - Asesora de dramaturxia: Laura Porto
 - Asesora de xénero: Ana Cardoso
 - Deseño gráfico e fotografía: Diego Seixo
 - Produción: Santiago Cortegoso
 - Comunicación: Fátima R. Varela
 - Técnica en xira: Violeta Martínez e Héctor Pazos
 - Distribución: Kandengue Arts
 
Localización
Teatro Cine Elma
- Calle
 - Rúa Rafael Calleja 51
 
- Ciudad
 - 15940 A Pobra do Caramiñal
 
- Provincia
 - A Coruña
 
- País
 - España