Skip to main content

AVISO LEGAL DE IBUPROFENO TEATRO S.L

1. POLÍTICA DE PRIVACIDADE DA ENTIDADE

1.1. DATOS DE CONTACTO DO RESPONSABLE DO TRATAMENTO
  • Denominación social: IBUPROFENO TEATRO S.L.
  • NIF: B94155389
  • Domicilio social: Lugar As Ribocias, 6A, San Clemente de Cesar. 36654 – Caldas de Reis (Pontevedra)
  • Teléfono de contacto: 696 73 00 37
  • Enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
1.2. DATOS DE CONTACTO DO DATA PROTECTION OFFICER (D.P.O.)

Conforme ao artigo 37 RGPD 2016/679 e ao artigo 34 da LO 3/2018 non se require D.P.O. 

1.3. DEBER DE INFORMACIÓN CONFORME AO RGPD 679/2016 E Á LO 3/2018.

Antes de poñer calquera dato persoal, o USUARIO dunha páxina web, debe ler e entender atentamente o que segue a continuación coa finalidade de ser LÍCITO, LEAL E TRANSPARENTE. O usuario que accede a poñer os seus datos nos formularios de contacto desta páxina web, conforme ao exposto neste parágrafo deste aviso legal, DECLARA E MANIFESTA EXPRESAMENTE QUE: Autoriza expresamente á entidade IBPROFENO TEATRO S.L con enderezo en LUGAR AS RIBOCIAS, 6A SAN CLEMENTE DE CESAR de 36654 – CALDAS DE REIS (Pontevedra) á recollida e tratamento dos seus datos de carácter persoal de quen asina, ou actúa como representante legal, titor ou curador. Así mesmo declara que foi informado oportunamente arredor da táboa que se presenta en relación ao dereito recollido no art. 13 do RGPD. INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS FICHEIRO DE DATOS

RESPONSABLE

IBUPROFENO TEATRO S.L.
Lugar As Ribocias, 6A. San Clemente de Cesar
36654 – Caldas de Reis (Pontevedra)

FINALIDADE PREVISTA

Xestión dos datos introducidos nos formularios de recollida de datos da páxina web, para a prestación de servizos solicitados. Pode requirir o rexistro de Actividades de Tratamento mediante solicitude no correo electrónico:  Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

D.P.O. (Data Protection Officer)

Conforme ao artigo 37 RGPD 2016/679 e á LO 3/2018 non se require D.P.O.

LEXITIMACIÓN

Consentimento expreso do interesado que pode ser revocado en calquera momento

TRANSFERENCIA INTERNACIONAL DE DATOS

Non se fará transferencia internacional de datos

DESTINATARIOS DE CESIÓN DE DATOS

Non se cederán datos salvo que sexa necesario para cumprir coa propia prestación solicitada. 

DEREITOS

  • Dereito a solicitar o acceso aos datos persoais relativos ao interesado
  • Dereito a solicitar a súa rectificación 
  • Dereito de supresión de datos
  • Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento
  • Dereito a opoñerse ao tratamento
  • Dereito á portabilidade dos datos
  • Dereito á exclusión publicitaria

INFORMACIÓN ADICIONAL

Pode presentar en calquera momento reclamación ante a AEPD
Rúa Jorge Juan, 6
28001 - Madrid

PRAZOS DE CONSERVACIÓN DOS DATOS

USUARIO: 

  • Mentres duren os servizos solicitados nos formularios
  • Dando o seu consentimento que pode ser revocado en calquera momento

ONDE EXERCITAR OS SEUS DEREITOS

Solicite os nosos formularios para o exercicio de dereitos en: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

MEDIDAS DE SEGURIDADE A APLICAR AOS DATOS

Aplícanse as medidas de seguridade recollidas nun documento interno da entidade para o cumprimento legal e coa intención de minimizar os riscos detallados na nosa análise de riscos 

A presente política de protección de datos poderá variar co tempo debido aos posibles cambios lexislativos, xurisprudenciais ou dos criterios seguidos pola Agencia Española de Protección de Datos e/ou a autoridade competente en cada momento. É por iso que IBUPROFENO TEATRO S.L se reserva o dereito a modificar o presente aviso legal para adaptalo ás novidades lexislativas ou xurisprudenciais que se atopen vixentes no momento preciso no que se acceda aos websites, así como a prácticas do sector. Pedímoslle que revise este aviso legal periodicamente. 

1.4 DEREITOS RECOÑECIDOS POLO REGULAMENTO UE 2016/679 E LO 3/2018
  • Dereito a solicitar o acceso aos datos persoais: vostede poderá preguntar a IBUPROFENO TEATRO S.L. Se tratamos os seus datos
  • Dereito a solicitar a súa rectificación, sempre e cando estean recollidos incorrectamente
  • Dereito a solicitar a supresión dos datos, sempre e cando non desexe que a entidade siga tratando os  seus datos. 
  • Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento: en determinados casos pode solicitar suspender temporalmente o tratamento dos datos ou que se conserven durante máis tempo do preciso cando sexa necesario
  • Dereito a oporse ao tratamento: deixaremos de tratar os seus datos, salvo por motivos legais.
  • Dereito á portabilidade dos datos: pode pedirnos en calquera momento que enviemos os seus datos á mercantil que desexe, mediante petición expresa
  • Dereito á exclusión publicitaria, en calquera momento vostede pode comunicarnos o seu desexo de non recibir publicidade da nosa empresa, comunicándonolo mediante un email. 
COMO PODO SOLICITAR OS DEREITOS  

IBUPROFENO TEATRO S.L. Informará a todos os seus traballadores acerca do procedemento para atender os dereitos dos interesados; temos definido un protocolo para poder dar resposta a todos os exercicios de dereitos. Pódennos enviar a súa solicitude de exercicio de dereitos a: IBUPROFENO Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben por correo postal ao noso enderezo que poñemos  conforme ao art. 10 da LSSI-CE. Pedímoslle que, sempre para o exercicio dos mesmos, teñan en conta o seguinte: 

  • Os titulares dos datos persoais (interesados) poderán exercer os dereitos recoñecidos no Regulamento 679/2016 e LO 3/2018 do 5 de decembro.
  • O exercicio dos dereitos é gratuíto
  • O responsable do tratamento deberá dar resposta aos interesados sen dilación indebida e de forma concisa, transparente, intelixible, cunha linguaxe clara e sinxela e conservar a proba do cumprimento do deber de responder ás solicitudes de exercicio de dereitos formuladas. 
  • Se a solicitude se presenta por medios electrónicos, a información facilitarase por estes medios cando sexa posible, salvo que o interesado solicite que sexa doutro xeito. 
  • As solicitudes deben responderse no prazo de 1 mes dende a súa recepción, podendo prorrogarse noutros dous meses tendo en conta a complexidade ou o número de solicitudes, pero neste caso debe informarse ao interesado da prórroga nun prazo dun mes a partires da recepción da solicitude, indicando os motivos da dilación. 
  • Pode presentar unha reclamación ante a AEPD no caso de consideralo na Rúa Jorge Juan nº6 de Madrid. 

2. PRINCIPIOS BÁSICOS QUE REXEN A NOSA POLÍTICA DE PRIVACIDADE. 

Este aviso legal réxese polo PRINCIPIO DE LICITUDE, LEALTADE E TRANSPARENCIA,  e está redactado coa finalidade de que se poida entender por todas as persoas que se conectan a esta páxina web. No caso de ter algunha dúbida en canto á súa complexidade, non dubiden en poñerse en contacto para poder aclaralo. 

2.1. CONFIDENCIALIDADE

Todos os datos proporcionados mediante formularios electrónicos serán tratados segundo a normativa vixente sobre protección de datos persoais, e en todo caso terán o carácter de confidencialidade para o persoal de IBUPROFENO TEATRO S.L que xestione esta información, como así asinan nos contratos de confidencialidade que a nosa entidade regula cos seus empregados. 

2.2. INFORMACIÓN SOBRE A VONTADE DE DEIXAR OS DATOS E AS SÚAS CONSECUENCIAS
VOLUNTARIEDADE / OBRIGATORIEDADE

Infórmase aos Usuarios dos websites que as respostas ás preguntas presentadas nos formularios de recollida de datos contidos na presente website teñen carácter voluntario / ou obrigatorio. Determinarase se é obrigatorio cun asterisco. O resto de datos teñen carácter voluntario. 

CONSECUENCIA  

Mediante a implementación dos formularios incluídos nos diferentes websites, relativos a servizos prestados por IBUPROFENO TEATRO S.L, os Usuarios aceptan a inclusión e tratamento dos datos que proporcionen nun ficheiro de datos de carácter persoal, do cal é titular IBUPROFENO TEATRO S.L, podendo exercer os dereitos pertinentes segundo a cláusula seguinte. Pode solicitar no enderezo postal ou electrónico da entidade o Rexistro das Actividades do Tratamento dos seus datos.  

2.3. INFORMACIÓN SOBRE OS DATOS QUE SE CONSERVAN

Os datos que conservamos provenientes da páxina web poden ser: 

a) Son os meramente recollidos nos formularios que se teñen na páxina web. 

b) Datos de cookies que virán determinados na política de cookies. 

Esta información é recibida por IBUPROFENO TEATRO S.L e nunca é vendida, cedida ou arrendada a outras empresas, exceptuando o caso lóxico para a prestación do servizo solicitado a través dos formularios. 

2.4. DURANTE CANTO TEMPO

Conservamos a información durante o tempo que sexa preciso para ofrecer os nosos servizos, cumprir coas obrigas legais e protexer os nosos intereses ou os das nosas partes. 

Datos recollidos para a entrega da nosa newsletter: Dende a subscrición ata o momento que solicita o usuario a baixa do servizo mediante o envío dun mail.

Datos de usuarios subidos a páxinas e rede sociais: Dende que o usuario ofrece o seu consentimento ata que nos comunica a súa vontade de permanecer nas mesmas. 

Datos de cookies: Conforme se determine na política de cookies, e/ou se configure polo usuario. 

Datos de usuarios da Web: Estritamente mentres se atenda a súa solicitude, normalmente para pedir orzamentos. Se non se converte en cliente, un máximo de 3 meses. O usuario, en todo caso, pode en calquera momento revocar o consentimento para o tratamento dos seus datos.  

2.5. CON QUE FINALIDADE SE CONSERVAN OS DATOS.

A única finalidade de tratar os seus datos é prestarlle o servizo solicitado pola nosa empresa e no caso de que nos teña consentido o envío de comunicacións comerciais, poder enviarlle as novidades sobre produtos e prezos que vendemos. A finalidade do uso de cookies vén determinada na Política de Cookies onde se especifica cada unha delas. 

3. INFORMACIÓN DA LISTAXE DE DISTRIBUCIÓN DE INFORMACIÓN

Se aceptou vostede o envío de publicidade vía correo electrónico, IBUPROFENO TEATRO S.L, podería enviar un e-mail notificando melloras, novidades ou ofertas, que se produzan nesta páxina web. En calquera momento poden darse de baixa enviando un e-mail a IBUPROFENO TEATRO S.L. 

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS. FICHEIRO DE DATOS DISTRIBUCIÓN

RESPONSABLE

Ibuprofeno Teatro S.L.
Lugar As Ribocias, 6A. San Clemente de Cesar
36654 -  Caldas de Reis

FINALIDADE PREVISTA

Envío de publicidade, melloras e novidades, sempre e cando o usuario teña aceptado dito envío. Pode requirir o rexistro de Actividades de Tratamento mediante solicitude no correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

D.P.O. (Data Protection Officer)

Conforme ao artigo 37 RGPD 2016/679 e á LO 3/2018 non se require D.P.O. 

LEXITIMACIÓN

Consentimento expreso do interesado que pode ser revocado en calquera momento.

TRANSFERENCIA INTERNACIONAL DE DATOS

Non se fará transferencia internacional de datos

DESTINATARIOS DE CESIÓN DE DATOS

Non se cederán datos salvo que sexa preciso para cumprir coa propia prestación solicitada

DEREITOS

  • Dereito a solicitar o acceso aos datos persoais relativos ao interesado
  • Dereito a solicitar a súa rectificación 
  • Dereito de supresión dos datos
  • Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento 
  • Dereito a opoñerse ao tratamento 
  • Dereito á portabilidade dos datos
  • Dereito á exclusión publicitaria

PRAZOS DE CONSERVACIÓN DOS DATOS

Mentres siga sendo membro da lista de distribución

 

INFORMACIÓN ADICIONAL

Pode presentar en calquera momento reclamación ante a AEPD-en C/Jorge Juan, 6. 
28001 – Madrid

ONDE EXERCITAR OS SEUS DEREITOS

Solicite os nosos formularios para o exercicio de dereitos en: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

MEDIDAS DE SEGURIDADE A APLICAR AOS DATOS

Aplícanse as medidas de seguridade recollidas nun documento interno da entidade para o cumprimento legal e coa intención de minimizar os riscos detallados na nosa análise de riscos

4. RESPONSABILIDADE DOS USUARIOS POR USO E CONTIDO

Tanto o acceso aos websites como o uso que poida realizarse da información e contidos incluídos nos mesmos, será de exclusiva responsabilidade de quen o realice. Polo tanto, o uso que poida facerse da información, imaxes, contidos e/ou produtos apuntados e accesibles a través do mesmo, estará supeditada á legalidade, sexa nacional ou internacional, aplicable, así como aos principios de boa fe e uso lícito por parte dos Usuarios, quen serán enteiramente responsables de dito acceso e correcto uso. Os Usuarios estarán obrigados a facer un uso razoable dos servizos ou contidos, baixo o principio de boa fe e con respecto á legalidade vixente, á moral, á orde pública, aos bos costumes, aos dereitos de terceiros ou da propia IBUPROFENO TEATRO S.L, todo isto segundo as posibilidades e fins para os que están concibidos. IBUPROFENO TEATRO S.L non asume responsabilidades, xa sexan directas ou indirectas, por dano emerxente ou lucro cesante, derivadas do mal uso dos servizos ou contidos realizados polos Usuarios ou terceiros. 

 

Guardar
Preferencias del usuario de cookies
Utilizamos cookies para almacenar y acceder a información en su dispositivo. A continuación le mostramos un panel de configuración en el que puede activar o desactivar el uso de cookies. Haciendo clic en cada una de las finalidades encontrará información sobre su finalidad y funcionamiento. Puede gestionar su consentimiento desde los botones de Aceptar/Rechazar o aceptarlas desde el botón ACEPTAR TODAS. Podrá cambiar sus preferencias en cualquier momento, volviendo a esta web. También puede encontrar información sobre configuración, origen y finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rechazar todas
Leer más
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rechazar