Skip to main content

Reconversión recibe seis galardóns na XXX Gala dos Premios de Teatro Maria Casares

09 abril 2026
09 abril 2026

A montaxe Reconversión recibe seis galardóns na XXX Gala de Premios de Teatro María Casares que organiza a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. A gala, que se celebrou no Teatro Rosalía Castro da Coruña, foi unha homenaxe ao dramaturgo, actor e mestre Manuel Lourenzo e recoñeceu a traxectoria de Luma Gómez, á que se lle outorgou o Premio de Honra Marisa Soto.

Reconversíón recibiu o premio a mellor espectáculo, mellor dirección (Santiago Cortegoso, Carlos Álvarez-Ossorio e Natalia Feijoo), mellor actor secundario (Fran Lareu), mellor actriz secundaria (Cristina Collazo), mellor autor (Santiago Cortegoso) e mellor espazo sonoro (Alonso Caxade).

A serie Clopen do Centro Dramático Galego recibiu o premio á mellor actriz protagonista (Natalia Pajarito) e mellor direccion de movemento (Marta Alonso Tejada), Tromso de Morraoconto levou o galardón a mellor espazo escénico (Rafa Martínez, Miguel Gendre, Lara Pouso e José Faro ‘Coti’) e a mellor iluminación (José Faro ‘Coti’).

O premio ao mellor actor protagonista foi para Fran Lareu polo seu traballo en Un tal Romeo de A Ramboia. Tanxarina fíxose co galardón ao mellor espectáculo de monicreques por A biblioteca galáctica contra a IA fantástica, e Berenguela na gaiola de Galeatro e Xarope Tulú levou o premio nas categorías de mellor espectáculo infantil e mellor tradución / adaptación (Paula Carballeira). Alta Costura de Elefante Elegante obtivo o premio a mellor vestiario (Carolina Díguele) e O libro da Selva. O musical de Artika Cía á mellor maquillaxe.

 

FaLang translation system by Faboba
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar
Gardar