Skip to main content

Obradoiro de creación escénica en Cariño

27 xullo 2022

Ibuprofeno

27 xullo 2022

Do 10 ao 12 de agosto impartiremos un obradoiro de creación escénica na Mostra de Teatro Galego de Cariño. As inscricións están abertas ata o vindeiro 4 de agosto a través do correo: Este endereço de email está protegido contra piratas. Necessita ativar o JavaScript para o visualizar.. O obradoiro que ten un prezo de 12 € realizarase no Auditorio Municipal de Cariño en horario de 10 e 14 horas e está dirixido a persoas maiores de 12 anos.
 
 
Emprenderemos un proceso de investigación e descubrimento a partir dun tema relacionado coa historia de Cariño. Propoñemos o sector da industria da conserva ou a carpintería de ribeira.

Mediante o xogo e as improvisacións individuais e colectivas, deseñadas a partir da documentación acadada en torno ao significado que ten o tema na comunidade na que se inscribe, trataremos de xerar contido escénico, non tanto para acadar un resultado óptimo para a representación, senón co obxectivo de experimentar o goce e a vertixe de crear teatro con liberdade.

Esta forma de traballar parte da premisa de que os actores e actrices son os verdadeiros creadores e creadoras. Son os e as participantes quen xeran os textos e as accións, a partir do material emotivo e imaxinativo que cada un pode achegar por si mesmo e na interacción en grupo, en relación co tema tratado.
 
+ info e inscricións en: Este endereço de email está protegido contra piratas. Necessita ativar o JavaScript para o visualizar. / 981 405 064
 
 
Gardar
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar