Ibuprofeno Teatro participará no programa Cruzamentos de Camiño Escena Norte nun proxecto conxunto coas compañías asturianas Saltantes Teatro e Luz de Gas
Ibuprofeno
-
O proxecto 'Tejiendo cordura con hebras de locura' foi seleccionado dentro do espazo de residencias e intercambio entre compañías Cruzamentos do programa Camiño Escena Norte
-
A residencia terá lugar en agosto no espazo xixonés La Laboral e explorará a escrita dramática a través dun obradoiro impartido por Santiago Cortegoso
Ibuprofeno Teatro participará no programa Cruzamentos de Camiño Escena Norte nunha proposta conxunta coas compañías asturianas Saltantes Teatro e Luz de Gas para profundar na escrita dramática. A residencia será en agosto en La Laboral Ciudad de la Cultura (Xixón) e ten como base un obradoiro impartido por Santiago Cortegoso.
O proxecto de residencia levarase a cabo en dúas fases: unha primeira, que terá lugar en agosto, e na que Santiago Cortegoso traballará cos integrantes de Saltantes Teatro e Luz de Gas para explorar a escrita dramática a través de dinámicas prácticas. Proporanse xogos de escrita individual e grupal a partir da dicotomía locura vs cordura co obxectivo de xerar material textual para a escena. Na segunda fase, que se realizará, entre setembro e novembro Saltantes Teatro e Luz de Gas traballarán na concepción dunha lectura dramatizada a partir dos textos resultantes do traballo previo con Cortegoso.
O obxectivo do programa Cruzamentos é promover a creación, investigación e formación escénica; así como o coñecemento e a apertura de vías de intercambio e cooperación entre as compañías das catro comunidades autónomas que están dentro do Camiño Escena Norte (Asturias, Cantabria, Galicia e País Vasco).
Na edición de 2021 desenvólvense catro residencias (unha en cada comunidade autónoma). No caso de Galicia, ademais de Ibuprofeno Teatro, foron seleccionadas las compañías Licenciada Sotelo, Caramuxo Teatro e Pedras de Cartón.
Tedes toda a información dispoñible na web de CAMIÑO ESCENA NORTE