Skip to main content

ESTREAMOS 'SMOKE ON THE WATER'

11 febreiro 2022

Ibuprofeno

11 febreiro 2022

Os vindeiros 11 (20:30 horas) e 12 (20:00 horas) de febreiro estreamos 'Smoke on the water' no Pazo da Cultura de Narón, despois dunha pre-estrea no Teatro Principal da Estrada (o 4 e 5 de febreiro), espazo no que a compañía estivo en residencia durante o período de ensaios. Esta nova montaxe, que toma o seu título do mítico tema da banda inglesa Deep Purple, é unha traxicomedia sórdida con música en directo ambientada no universo do rock dos 70.

O texto de Santiago Cortegoso, quen asina tamén a dirección, recibiu o Premio Mome Varela Buxán de textos teatrais no 2013 e está editado por Positivas, nun único volume xunto ao último texto de Cortegoso 'O mel non caduca'. En escena Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Rios e María Costas dan vida a uns personaxes fracasados e maltratados pola vida. Acompáñaos no escenario o músico Mon Orencio que se encarga tamén do espazo sonoro. Salvador del Río no deseño de iluminación, Pablo Giráldez 'O Pastor' no deseño do espazo escénico, Marián Bañobre no deseño de vestiario, Baia Fernández na caracterización e Carmela Bueno na axudantía de dirección e movemento escénico completan o equipo artístico.

 

A proposta escénica móvese entre un concerto de rock e o interior dunha casa, entre a realidade e o imaxinado, entre o que é e o que puido ser. O fracaso, a ferocidade do capitalismo cos individuos menos produtivos, a identidade do individuo fronte á sociedade, a filosofía ou o amor están presentes a través das relacións entre personaxes complexos e atrapados, que non están onde queren estar pero tampouco son quen de moverse.

 

Despois da estrea no Pazo da Cultura de Narón (11 e 12 de febreiro) a montaxe poderá verse no Teatro Principal de Compostela (17 e 18 de febreiro), no Auditorio Gustavo Freire de Lugo (24 de febreiro), no Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros (5 de marzo), no Auditorio Municipal de Vigo (11 de marzo), na Casa da Cultura de Vimianzo (19 de marzo), no Auditorio Municipal de Cangas (26 de marzo) e no Teatro Rosalía Castro da Coruña (8 e 9 de abril).

Gardar
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar