BIO CONSTRUCIÓN EN GALICIA ESCENA PRO
Ibuprofeno
A nosa última montaxe, 'BIO CONSTRUCIÓN', poderá verse o vindeiro martes 26 de maio ás 20:30 h no Teatro Principal de Compostela no marco da feira de artes escénicas Galicia Escena Pro, o encontro dos profesionais das artes escénicas que organiza a Axencia Galega das Industrias Culturais e a asociación Escena Galega.
A edición do 2026 de Galicia Escena Pro terá lugar do 25 ao 28 de maio en Compostela. Ademais de 'Bio Construción' poderán verse tamén os espectáculos: 'Coralinda' de Elefante Elegante, 'Transparentar' de Enésima, 'Diz-me, meu amor' de Raquel Ferradás & María de Vicente, 'Arturo Ui, o ovo da serpe' de Talía Teatro, BenQuerer da compañía de danza Fran Sieira, 'O libro da Selva. O musical' de Artika Cía, 'Oh mammi blue' de Cinema Sticado, 'Alén' de Colectivo Glovo, 'Quema' da Cía. Jacob Gómez, 'Sen Patrón' de Pistacatro Produtora de Soños, 'Voo' de Teatro O Cubo, 'Meu Rei' de Daniel Lezso, 'Miña Pequena' de Constance Hurlé, 'Manual de Patronaxe' de Teatro do Noroeste, 'Ninguén tira fotos nos enterros' de Carlota e Compañía, '52-Blau' de iXa, 'El escondite de la abuela' de La Tartana Teatro, 'Alicia wants to' de Bengala Teatro Físico, 'Mofa&Befa: os dous de sempre' de Producións Teatrais Escénicas e 'Xoguetes rotos' de Barrosanta e Butacazero.
A programación de Galicia Escena Pro complétase coa presentación dunha ducia de espectáculos en formato pitching: 'Clic' de Culturactiva, 'ComedIA' de Píscore, 'Crónica do rei pasmado' de Contraproducións, 'Curie ou a simetría dos fenómenos físicos' de Empatía Teatro, 'Oh!' de AsSircópatas, 'Vila' de Marcos PTT, 'Abúrrome' de Cía. Marta Alonso, 'CROIX, conferencia bailada' de Paula Quintas Cía, 'Hiranya' de Eva Comesaña, Menos dragqueens e máis ChuNorris' de ALÓproducións, 'Manchas de sangre' de Torta Torta, 'O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger de Tarabela Creativa e 'Ritu' de Nova Galega de Danza.
Haberá tamén dúas mesas redondas arredor da produción e distribución escénicas. Podes consultar toda a programación AQUÍ.