Skip to main content

Pequenos actos pseudorrevolucionarios…

  • Dirección

    Marián Bañobre, Santiago Cortegoso
  • Autoría

    Marián Bañobre, Santiago Cortegoso
  • Duración

    75'
  • Estrea

    30/11/2012
  • Produción

    Ibuprofeno Teatro
É evidente que nos enganan e nos manipulan. Só interesamos como consumidores ou como votantes, que é o mesmo. Como podemos cambiar esta situación? Pasando á acción. Tomando a revancha pola nosa conta. Non seremos quen de darlle a volta ao sistema, pero podemos darnos pequenos caprichos. Como? 

Unha historia de amor entre un mozo e unha moza que se coñecen cando ela vai a un comercio e pide un orzamento para mercar unha cantidade desproporcionada de pintura rosa; namóranse cando rouban un Papá Noel luminoso da decoración pública do Nadal, e pasan unha crise de parella cando veñen de sacar todos os cartos do banco.

Unha comedia romántica situada nun contexto de accións revolucionarias e construída a través de diálogos cargados de connotacións políticas, que reflicten o ambiente de descontento e a necesidade de cambios sociais que vive unha gran parte da poboación a nivel europeo.

  • Creación e interpretación: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso 
  • Movemento escénico: Carmela Bueno 
  • Iluminación: Salvador del Río 
  • Espazo sonoro: Anxo Graña 
  • Imaxe: Diego Seixo 
  • Deseño de vestiario: Marián Bañobre 
  • Realización de vestiario: Raquel Martínez e Maruja González 
  • Cobertura técnica: Ningures Produción

Unha estética orixinal que recrea o universo dos xogos da nosa infancia: o escenario está inzado de clicks de Famóbil, e os actores van vestidos e caracterizados exactamente igual ca dous deles, mentres manexan billetes do Monopoly, un Papá Noel roubado da iluminación de Nadal, unha cinta de correr, etc...

Unha posta en escena multidisciplinar que incorpora soporte audiovisual, de xeito que os actores empregan unha cámara como se fose unha lupa de gran aumento, para que o público poida ver os clicks  ampliados nunha pantalla no fondo do escenario. Unha maneira de que os PEQUENOS ACTOS se convertan en grandes acontecementos.