A filla de Woody Allen
-
Dirección
Santiago Cortegoso -
Autoría
Santiago Cortegoso -
Duración
70' -
Estrea
08/03/2010
"Na vida, o oitenta por cento é presentarse". Woody Allen
Entra en escena unha personaxe cunha gran maleta na man. Ao pouco, o público descobre que é a todas luces igual que Woody Allen, que se comporta coma el, que ten as mesmas teimas. Pero ela ignora o parecido. Está perdida, ignorante do evidente, na procura dunha identidade que todos coñecemos.
O punto de partida de A FILLA DE WOODY ALLEN é o inicio dunha viaxe, unha viaxe da protagonista na procura de seu pai, do cal só sabe que vive en Nova Iork, que toca o clarinete e que lle manda un agasallo cada ano polo seu aniversario.
Estes agasallos son tesouros para ela e constitúen un crebacabezas co que foi construíndo un mito que a acompaña no seu desenvolvemento vital. Atoparse con ese mito revélase como a vía para acadar a felicidade, pero tamén supón unha fuxida dunha vida cotiá insatisfactoria.
Ela loita. É incansable. É vitalista. E pon todas as súas esperanzas nese ser descoñecido. A viaxe a Nova Iork é a viaxe a un mundo ideal; é a procura de algo por definir, unha interrogante vital que non sabe se será respondida.
- Elenco: Marián Bañobre
- Dirección e textos: Santiago Cortegoso
- Coreografía: Carmela Bueno
- Deseño de iluminación: Salvador del Río
- Imaxe: Diego Seixo
- Asesoría musical: Anxo Graña
- Deseño de vestiario: Marián Bañobre
- Realización de vestiario: Raquel Martínez
Espectáculo
Galería
Críticas
Premios
-
Finalista Premios Max 2011 categoría de Mellor Autor Galego
-
Premio "Coiro de Pita" 2016 ao mellor espectáculo da tempada na Sala Ingrávida de Porriño