Só durante dous meses de xira e para un número reducido de espectadores, a actriz Marián Bañobre, dende o humor e a excepcionalidade física do estado de xestación na súa última fase, compartirá unha experiencia única e inesquecible, un emocionante xogo para os sentidos que convida á reflexión sobre a existencia e orixe mesma do individuo, como un ser estraño e inexplicable.