Skip to main content

O mel non caduca

  • Dirección

    Santiago Cortegoso
  • Autoría

    Santiago Cortegoso
  • Duración

    80'
  • Estrea

    31/01/2020
  • Produción

    Ibuprofeno Teatro

Espectáculo xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.


Dous científicos/apicultores, en 2173, levan a cabo sofisticados e absurdos experimentos, nun contexto de futuro distópico no que o planeta está arrasado. Tratan de crear sinteticamente unha abella a partir do último tarro de mel que se conserva na historia. Constrúen unha árbore no seu laboratorio para tratar de recuperar os ciclos naturais, que se perderon hai tempo. 

Dous irmáns volven á casa familiar na aldea pola morte da súa nai. O conflito aflora cando deben xestionar as pertenzas familiares. O irmán máis vello opta por vendelo todo. A rapaza, máis nova, entra nunha crise vital porque se debate entre a súa acomodada vida nunha cidade afastada e a nostalxia que lle produce volver entrar en contacto cos obxectos e os recordos que marcan a súa historia vital. 

  • En escena:
    • Marián Bañobre
    • Avelino González
  • Texto e dirección: Santiago Cortegoso
  • Movemento escénico e axudante de dirección: Carmela Bueno
  • Espazo escénico e imaxe: Diego Seixo
  • Deseño de iluminación:Salvador del Río
  • Vestiario: Marián Bañobre e Bety Busto
  • Espazo sonoro: Davide González
  • Técnico de luz e son: Héctor Pazos
  • Cobertura tecnica: Ningures Produción
  • Vídeo: José V. Estonllo
  • Maquillaxe e peiteado: Baia Fernández
  • Comunicación e produción: Fátima R. Varela
  • Produción e distribución: Ibuprofeno Teatro 

O noso agradecemento ao Concello de Catoira por cedernos o Auditorio Municipal para os ensaios e ao Concello de Santiago por acoller a estrea deste espectáculo.

Grazas tamén a Apiyago, Asociación Galega de Apicultura AGA, Familia Rodríguez Pereira, Mari García, Maruxío Terra e Sal, O mel de Manuela, Apigal e as nosas familias pola súa colaboración e cariño.

Ao facer clic neste vídeo, depositaranse as cookies.

En cartel

Gardar
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar