Deadpan Karaoke
-
Dirección
Patricia Rodríguez -
Autoría
Patricia Rodríguez, Marián Bañobre -
Estrea
30/09/2023 -
Produción
Ibuprofeno Teatro
DISTRIBUCIÓN
Kandengue Arts
698 147 660
Deadpan, que en inglés significa “cara morta, baleira de expresión, imperturbable”, Karaoke, do xaponés Kara (baleiro) e oke (orquestra).
Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, e que trata de dar resposta á pregunta: É posible o amor nesta sociedade tardocapitalista na que vivimos? Deadpan é un personaxe incapaz de sentir e expresar emoción. A través das súas accións e grazas á contextualización das mesmas dentro dun karaoke, consegue facer accesibles e divertidas para o gran público cuestións e dilemas que ocupan aos grandes pensadores contemporáneos.
- Dirección: Patricia Rodríguez
- Interpretación: Marián Bañobre
- Creación e dramaturxia: Patricia Rodríguez e Marián Bañobre
- Axudantía de dirección e coreografías: Carmela Bueno
- Deseño de son e composición musical: Mónica de Nut
- Deseño de iluminación e escenografía: Violeta Martínez
- Deseño e realización de audiovisuais: Marta Valverde, Gustaf Nilsson e Javier Lueje
- Deseño de vestiario: Marián Bañobre
- Realización de vestiario: Bety Busto e Marián Bañobre
- Caracterización: Baia Fernández
- Asesora de canto: María Costas
- Asesora de dramaturxia: Laura Porto
- Asesora de xénero: Ana Cardoso
- Deseño gráfico e fotografía: Diego Seixo
- Produción: Santiago Cortegoso
- Comunicación: Fátima R. Varela
- Técnica en xira: Violeta Martínez e Héctor Pazos
- Distribución: Kandengue Arts
AGRADECEMENTOS
Residencia de Maiores de Campolongo en Pontevedra, Concello de Caldas de Reis, Laboral Ciudad de la Cultura e Laboral Centro de Arte e Creación Industrial de Xixón, Hotel Alda Estación Pontevedra, Hotel San Miguel Gijón, Radio Estrada, Chelo do Rejo, Gonzalo Valcárcel, Fran Campos, Pablo García‘Chichas’, Roque de Domaio, Xosé Lueiro, Charo Pena, Carlos Álvarez-Ossorio, Sergio Gayol, os namorados do parque Isabel La Católica de Xixón, Gabriel e Pauline, os veciños da Estrada por asistir como público a ensaios durante o proceso, e os nosos amigos e as nosas familias polo apoio e por facilitarnos a conciliación.
E como non, a Cora, Nuno, Carmen e Samuel, por aprendernos sobre o AMOR .
Espectáculo
Galería
Premios
-
Premio María Casares á Mellor Caracterización (Baia Fernández)
-
Premio María Casares ao Mellor Espazo Sonoro (Mónica de Nut)