Skip to main content
  • Dirección

    Santiago Cortegoso
  • Autoría

    Santiago Cortegoso
  • Estrea

    02/03/2018
  • Produción

    Ibuprofeno Teatro

Con "Casa O’Rei", Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con "O furancho" e "Raclette". Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do "Rei Lear" de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.


Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

  • Elenco:
    • Miguel Borines: Manolo Rei
    • Victoria Teijeiro: Maribel
    • Marián Bañobre: Rita
    • Raquel Espada: Cordelia
    • Víctor Mosqueira/Santiago Cortegoso: Cosque
    • Xosé M. Esperante: Albino
  • Deseño e realización da escenografía: Pablo Giráldez "Pastor"
  • Deseño de iluminación: Salvador del Río
  • Vestiario: Marián Bañobre
  • Música: Alonso Caxade
  • Gravada por: Tomás Ageitos no Estudio A Ponte
  • Músicos: Manu Paino, Manu Espinho, Xosé Tunhas e Alonso Caxade
  • Maquillaxe e peiteado: Baia Fernández
  • Técnico de luz e son: Héctor Pazos
  • Cobertura técnica: Ningures Produción S.L.
  • Imaxe: Diego Seixo
  • Vídeo: José V. Estonllo
  • Axudante de dirección: Laura Campos
  • Texto e dirección: Santiago Cortegoso

O noso agradecemento ao Concello de Catoira por cedernos o Auditorio Municipal para os ensaios; e ao Concello de Vigo pola Residencia Técnica no Auditorio Municipal e por acoller a estrea deste espectáculo.