Skip to main content

OBRADOIRO DE ESCRITA TEATRAL NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Calendario
Obradoiros
Data
06.03.2024 20:00 - 22:00
Lugar
Sala Roberto Vidal Bolaño

Descrición

'A SINGULAR TAREFA DE POÑERLLE PALABRAS AO ABISMO'

Observo o mundo que me rodea. O caos. Analizo os comportamentos. O ser humano. As construcións sociais. Teño a miña visión. Son unha perspectiva entre millóns. Da ocorrencia paso á idea. Estruturo a información. Busco un relato. Cultivo a palabra. Penso no escenario.

Neste taller proponse abordar a escrita teatral dun xeito aberto e liberador. Fronte os modelos convencionais de planificación dramatúrxica, imos enfocar os procesos de creación dramática desde o impulso, como un intento de plasmar os abismos psicolóxicos e emocionais internos, deixándonos contaxiar pola interrelación cos compañeiros e pola análise dun entorno social complexo e contraditorio.

MÁIS INFORMACIÓN E MATRÍCULA

https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/formacion/obradoiros-arte-escenica

IMPARTE

Santiago Cortegoso

OBXECTIVOS

Xerar textos para teatro a partir de xogos prácticos de dramaturxia.

DIRIXIDO A

Actores/ices, creadorxs, directorxs, escritorxs e, en xeral, calquera persoa interesada en coñecer e experimentar procesos de creación dramatúrxica.

Localización

Sala Roberto Vidal Bolaño

Rúa
Avenida De Vigo 6
Cidade
15705 Santiago de Compostela
Provincia
provincia de La Coruña
País
España
Gardar
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar