O FURANCHO NO BARCO DE VALDEORRAS
Descrición
Sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, Marián Bañobre e Isabel Risco preséntannos a súa última creación: O furancho. Unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do contexto hostil no que vivimos.
No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comuñón e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.
E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa resort vitivinícola Rosalía de Castro ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che aporte relax e benestar. Todo sen química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%.
- Creación e interpretación: MARIÁN BAÑOBRE E ISABEL RISCO
- Texto e Dirección escénica: SANTIAGO CORTEGOSO
- Movemento escénico: CARMELA BUENO
- Deseño de iluminación: SALVADOR DEL RÍO
- Imaxe: DIEGO SEIXO
- Deseño de vestiario: MARIÁN BAÑOBRE
- Realización de vestiario: MARÍA NEGREIRA (CDG)
- Zocos: ELENA FERRO
- Deseño do espazo escénico: SANTIAGO CORTEGOSO E MARIÁN BAÑOBRE
- Deseño de son: QUITO
- Música: RADIO COS
- Cobertura técnica: NINGURES PRODUCIÓN
- Produción: IBUPROFENO TEATRO, COA COLABORACIÓN DA AAAG E O CDG
Localización
Teatro Municipal Lauro Olmo
- Rúa
- Estación 2
- Cidade
- 32300 O Barco de Valdeorras
- Provincia
- Ourense
- País
- España