Ibuprofeno teatro somos unha compañía privada formada por Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, dous profesionais que -despois de anos de traxectoria en numerosas compañías galegas e foráneas- promovemos en 2010 o noso propio selo de produción, para emprender proxectos teatrais dun xeito persoal e independente, nos que poidamos integrar a escrita dramática no mesmo proceso de creación e posta en escena das obras.
Marián Bañobre é actriz, clown, creadora escénica e deseñadora de vestiario. En 2010 promove xunto a Santiago Cortegoso o seu propio selo de produción, Ibuprofeno Teatro, para emprender proxectos teatrais dun xeito persoal e independente.
Santiago Cortegoso é autor, director e actor. En 2010 promove xunto a Marián Bañobre o seu propio selo de produción, Ibuprofeno Teatro, para emprender proxectos teatrais dun xeito persoal e independente.
O mel non caduca é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.
Con "Casa O’Rei", Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con "O furancho" e "Raclette". Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do "Rei Lear" de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.
Sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, Marián Bañobre e Isabel Risco preséntannos a súa última creación: O furancho. Unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do contexto hostil no que vivimos.