Skip to main content

O mel non caduca preséntase en Colombia

A obra poderá verse o xoves 26 de outubro no Festival de Manizales e o 1 de novembro no Festival de San Ignacio en Medellín
26 outubro 2023

Ibuprofeno

26 outubro 2023

Galicia é a rexión convidada da 55ª Edición do Festival Internacional de Teatro de Manizales e a súa extensión, Festival de Teatro y Música Comfama San Ignacio. As compañías: Fran Sieira con 'Demente', Elefante Elegante con 'Alma de Tigre', Ainé Producións con 'Continenete María', Pistacatro con 'Orquestra de Malabares' e Ibuprofeno Teatro con 'O mel non caduca' viaxarán a Colombia co patrocinio da Xunta de Galicia, para presentar os seus traballos nestas dúas citas de renome internacional.

Ibuprofeno Teatro presentará a obra 'O mel non caduca' o xoves 26 de outubro no Auditorio Universitario Nacional de Manizales e o mércores 1 de novembro no Teatro Comfama de Medellín. A obra é unha traxicomedia arredor da obsolescencia programada e do abandono do rural ambientada no universo da apicultura. A escenografía, formada por colmeas, replicouse no taller do festival para estas funcións en Colombia. A escenógrafa, Paula Leguizamont, e os auxiliares de utilería, Viviana Chaura e Jorge Eduardo Padilla foron os encargados de levar a cabo este excelente traballo.

Actividade patrocinada por 

Gardar
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar