Skip to main content

Ibuprofeno Teatro viaxa a Colombia para presentar O mel non caduca no Festival Internacional de Teatro de Manizales

17 agosto 2023

Ibuprofeno

17 agosto 2023

A 55ª edición do Festival Internacional de Teatro de Manizales (Colombia) contará cunha representación das artes escénicas galegas. As compañías Ainé Producións, Elefante Elegante, Fran Sieira, Pistacatro e Ibuprofeno Teatro amosarán os seus traballos do 21 ao 28 de outubro dentro do programa desta recoñecida mostra. Esta actividade conta co patrocinio da Xunta de Galicia. 

O xoves 26 de outubro Ibuprofeno Teatro presentará 'O mel non caduca', unha traxicomedia arredor da obsolescencia programada, tanto de obxectos como de persoas, e do abandono do mundo rural, ambientada no universo da apicultura. Protagonizada por Marián Bañobre e Avelino González (Premio ao Mellor Actor no Festival de Teatro Galego Celso Parada por este traballo) con texto e dirección de Santiago Cortegoso, 'O mel non caduca' puido verse tamén na Feria de Teatro de Ciudad Rodrigo, no Festival Circular de Madrid, na Rede Cultural de Cantabria ou na MIT de Ribadavia, entre outros.

A representación galega do festival complétase coas funcións de 'Continente María' de Ainé Producións o 22 de outubro, 'Alma de Tigre' de Elefante Elegante o 27 de outubro, 'Orquesta de Malabares' de Pistacatro o 28 de outubro e 'Demente' de Fran Sieira.

WEB DO FESTIVAL

Actividade patrocinada por 

Gardar
Cookies: preferencias do usuario
Utilizamos cookies para almacenar e acceder a información no seu dispositivo. A continuación mostrámoslle un panel de configuración no que pode activar ou desactivar o uso de cookies. Facendo clic en cada unha das finalidades atopará información sobre a súa finalidade e funcionamento. Pode xestionar o seu consentimento desde os botóns de Aceptar/Rexeitar ou aceptalas desde o botón ACEPTAR TODAS. Poderá cambiar as súas preferencias en calquera momento, volvendo a esta web. Tamén pode atopar información sobre configuración, orixe e finalidades en: WWW.IBUPROFENOTEATRO.COM
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Esencial
Cookies CK
Cookie de sesión
Aceptar
Rexeitar