'O mel non caduca' poderá verse en streaming dentro do programa da Deputación de Pontevedra 'Prendendo Butacas na casa'. A emisión será o sábado 26 de decembro e estará dispoñible durante 24 horas. Prendendo butacas na casa é a adaptación ao formato dixital do programa de exhibición teatral Prendendo butacas, esta adaptación xorde por mor do avance da pandemia e como un xeito de garantir que esta teña un menor impacto no sector cultural.
O programa pon a disposición do público oito obras teatrais dende o 24 de decembro ao 3 de xaneiro, cada unha delas poderá visionarse durante 24 horas. Ademais de 'O mel non caduca' poderán verse: 'Rosalía' de Cooperactiva, 'Camiños' de ButacaZero, 'Afterparty' de A Feroz, 'Fíos' de Baobab Teatro, 'A maleta de Don Attilio' de Viravolta Títeres, 'A Galiña Azul' de Títeres Tanxarina e 'Os tres porquiños' de EducaTeatro Producións.
+info: https://www.depo.gal/prendendo-butacas-na-casa
Continuar lendo
Luns, 21 Decembro 2020
Noticias
A proposta escénica de 'O mel non caduca' xérase a partir a colmeas e outro material de apicultura que en boa parte foi cedido por produtores locais. Na escena da imaxe o personaxe de Avelino desfai un cadro usado (con cera) nunha escena que fala da forza do natural e de que antes ou despois a natureza acabará abríndose paso e ocupando o lugar que lle corresponde.
Estes cadros son de verdade, non é un truco, non é plástico, de feito conservámolos en frío para que non se deterioren. Queremos agradecer a Apigal a súa colaboración co espectáculo ao cedernos de xeito desinteresado este material (que xa antes nos facilitaron O mel de Manuela , Apiyago e o propio Avelino González que ademais de actor é apicultor). Apigal é unha empresa que traballa dende o rural de Porto do Son e produce de xeito natural mel, xelea real, polen e outros produtos apícolas. Tedes máis información nas súas redes sociais e na súa web: apigal.com
Detrás dese cadro están estes pequenos produtores que co seu facer contribúen a recuperar os ciclos naturais e a paliar o impacto negativo do consumismo. Non podemos estar máis orgullosos da súa colaboración e do seu apoio. Grazas!!
Continuar lendo
Venres, 20 Novembro 2020
Noticias
O noso compañeiro Avelino González vén de recibir o Premio ao Mellor Actor no Festival de Teatro Galego Celso Parada. O festival do Carballiño celebraba este ano a súa 31ª edición que pechou coa Gala de Entrega dos Premios Dorotea Bárcena.
O xurado destacou o traballo interpretativo que o actor vigués leva a cabo na montaxe 'O mel non caduca', outorgándolle o Premio Dorotea Bárcena ao Mellor Actor.
+info sobre O mel non caduca
[A fotografía foi cedida polo Festival de Teatro Galego Celso Parada e realizada por Gf-studio]
Continuar lendo
Mércores, 30 Setembro 2020
Noticias
Debido ás medidas que se están levando a cabo para frear a propagación do covid-19 quedan aprazadas as funcións de 'O mel non caduca' do 13 de marzo en Boiro, 14 de marzo no Festival Miguel Torga de Mondim de Basto (Portugal) e 20 de marzo en Vigo. Aprázase tamén a función de 'Casa O'Rei' dentro da Mostra de Teatro Clásico de Lugo prevista para o 19 de marzo.
Iremos anunciando as datas de reubicación destas funcións a través da nosa web e das nosas redes sociais.
Continuar lendo
Venres, 13 Marzo 2020
Noticias
O venres 31 de xaneiro e sábado 1 de febreiro no Teatro Principal de Compostela
Despois da pre-estrea o venres 24 de xaneiro no Auditorio Municipal de Catoira (20:00 horas) o vindeiro venres 31 de xaneiro e sábado 1 de febreiro (20:30 h) estreamos 'O mel non caduca' no Teatro Principal de Compostela.
'O mel non caduca' é un espectáculo arredor da obsolescencia programada, da relación do ser humano cos obxectos e da degradación do planeta por mor da perversa lóxica capitalista. É unha obra para emocionar e concienciar e tamén para rir e emocionar, 'hai moita ironía e moito humor no espectáculo, un humor reflexivo e crítico, por veces surrealistas e moi relacionado co universo do clown. Rímonos principalmente de nós mesmos e cuestionámonos como puidemos, como sociedade, ter chegado até aquí', afirma Cortegoso.
Continuar lendo
Venres, 24 Xaneiro 2020
Noticias
Do 12 ao 14 de agosto Marián Bañobre e Santiago Cortegoso impartirán un Obradoiro de Creación Escénica no Auditorio Municipal de Cariño no que amosarán e reproducirán a pequena escala o proceso creativo da compañía.
O prazo de inscrición, que se deberá realizar de xeito presencial na Casa do Concello de Cariño (Avenida da Paz, 2), estará aberto dende o vindeiro luns 29 de xullo ata o xoves 8 de agosto. A inscrición é de balde e hai dispoñibles 15 prazas para maiores de 16 anos.
Para calquera consulta podedes dirixirvos ao Concello de Cariño a través do teléfono 981 405 064 ou do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Continuar lendo
Venres, 26 Xullo 2019
Noticias
Do 17 ao 26 de xullo no OFF de Avignon
Do 17 ao 26 de xullo a compañía francesa Compagnie du Velours presenta na sección off do Festival de Avignon unha versión francesa de 'Raclette' de Santiago Cortegoso. A cita será no Théâtre le Vieux Balancier da vila francesa.
Silvia Rodríguez Abal dirixe a peza que protagoniza xunto a Fabien Crémière, Lucie Le Bras, Adeline Messiaen e Pierre Touvet.
+info: https://www.avignonleoff.com/programme/2019/raclette-s26681/
Continuar lendo
Xoves, 18 Xullo 2019
Noticias
Do 22 ao 24 de xullo Marián Bañobre e Santiago Cortegoso impartirán un Obradoiro de Creación Escénica na MIT de Ribadavia, organizado pola propia mostra e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
A meta do obradoiro é amosar e reproducir a pequena escala o método de creación da compañía. A dinámica consiste nun proceso de investigación e descubrimento a partir dun tema e dun espazo concreto. Esta forma de traballar parte da premisa de que os actores e actrices son os auténticos creadores.
A inscrición está aberta ata o vindeiro 8 de xullo. Toda a información AQUÍ
Continuar lendo
Luns, 01 Xullo 2019
Noticias
A editorial Invasoras vén de publicar a versión en castelán de 'Casa O'Rei' de Santiago Cortegoso. Con este texto o dramaturgo moañés proponnos un xogo escénico e dramatúrxico a partir de 'O Rei Lear' de Shakespeare.
A obra pode adquirirse a través da web da editorial
Continuar lendo
Xoves, 14 Marzo 2019
Noticias
O número de marzo de Aí – guía de cultura, servizos e ocio de Ferrolterra -abre cunha entrevista a Marián Bañobre na que se repasa a súa traxectoria profesional dentro e fóra de Ibuprofeno Teatro.
Podedes atopar, ademais, toda a actualidade cultural da comarca de Ferrol: teatro, cine, música, conferencias... unha completa guía para non perder nada.
Podes ver o número completo AQUÍ
Continuar lendo
Xoves, 28 Febreiro 2019
Noticias
Onte déronse a coñecer os espectáculos finalistas nos XXIII Premios de Teatro María Casares e Casa O'Rei está seleccionado en catro categorías: actor principal (Miguel Borines), actriz secundaria (Marián Bañobre), texto orixinal (Santiago Cortegoso) e música orixinal (Alonso Caxade).
Doce son os espectáculos que competirán nas distintas categorías desta edición, os gañadores daranse a coñecer nunha gala que se celebrará no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Podedes ver a listaxe completa dos finalistas AQUI
Continuar lendo
Venres, 22 Febreiro 2019
Noticias
Recentemente déronse a coñecer os candidatos da 22ª edición dos Premios Max e Casa O'Rei foi seleccionado en cinco categorías: espectáculo teatral, adaptación e dirección de escena para Santiago Cortegoso, deseño de espazo escénico para Pablo Giráldez 'Pastor' e actor protagonista para Miguel Borines.
Despois desta primeira fase un tribunal, formado polos tres presidentes dos xurados territoriais, catro persoeiros das artes escénicas e un membro do comité organizador, será o encargado de decidir os finalistas desta edición.
Ábrese tamén o prazo para votar o Mellor Espectáculo do Público, pode facerse a través da web dos Premios Max. Pincha AQUÍ para votar.
Pincha AQUÍ para consultar o listado completo de candidatos
Continuar lendo
Xoves, 14 Febreiro 2019
Noticias
A obra ‘Casa O’Rei’ recibiu o pasado sábado 15 de decembro o Premio á Mellor Montaxe (escenografía, vestiario, luz e espazo escénico) no Certame de Teatro Garnacha de Rioja Haro 2018. O espectáculo gañador desta edición foi ‘Duelo a muerte del Marqués de Pickman’ de Fundición Producciones, mentres que ‘El Bodorrio’ de Hika Teatroa fíxose co segundo premio.
Podes consultar a lista completa de gañadores aquí.
Continuar lendo
Martes, 18 Decembro 2018
Noticias
A montaxe é unha das 6 escollidas de entre as 89 propostas recibidas nesta edición
| Xoves, 11 Outubro 2018 00:00
Casa O'Rei de Ibuprofeno Teatro participará na 21ª edición do Certame de Teatro Garnacha de Rioja que se celebra na localidade de Haro do 30 de novembro ao 8 de decembro. A compañía galega xa participou coa obra 'Raclette' no mesmo certame, recibindo a Mención Especial do Xurado.
Continuar lendo
Xoves, 11 Outubro 2018
Noticias
O texto de Santiago Cortegoso, que foi finalista á Mellor Autoría Teatral nos XX Premios Max e resultou gañador do Premio Álvaro Cunqueiro en 2014, pode atoparse agora en edición bilingüe castelán-galego. O selo Teatro Autor da Fundación SGAE edita a obra que distribúe UDL Libros.
Continuar lendo
Martes, 11 Setembro 2018
Noticias