OBRADOIRO DE CREACIÓN ESCÉNICA. MOSTRA DE TEATRO GALEGO DE CARIÑO

Auditorio Municipal | Mércores, 10 Agosto 2022 10:00 | Xoves, 11 Agosto 2022 10:00 | Venres, 12 Agosto 2022 10:00

OBRADOIRO DE CREACIÓN ESCÉNICA. MOSTRA DE TEATRO GALEGO DE CARIÑO

De 10 a 14 horas

Dirixido a: persoas a partir de 12 anos

Precio: 12 €

Inscrición: dende o martes 26 de xuño ao xoves 4 de agosto no correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Imparten: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso

 

O que propoñemos neste obradoiro é mostrar e reproducir a pequena escala o método de creación que nós fomos desenvolvendo a partir das nosas experiencias. A dinámica básica consiste en emprender un proceso de investigación e descubrimento a partir dun tema relacionado coa historia de Cariño. Propoñemos o sector da industria da conserva ou a carpintería de ribeira.

Mediante o xogo e as improvisacións individuais e colectivas, deseñadas a partir da documentación acadada en torno ao significado que ten o tema na comunidade na que se inscribe, trataremos de xerar contido escénico, non tanto para acadar un resultado óptimo para a representación, senón co obxectivo de experimentar o goce e a vertixe de crear teatro con liberdade.

Esta forma de traballar parte da premisa de que os actores e actrices son os verdadeiros creadores e creadoras. Son os e as participantes quen xeran os textos e as accións, a partir do material emotivo e imaxinativo que cada un pode achegar por si mesmo e na interacción en grupo, en relación co tema tratado.