O MEL NON CADUCA NAS NEVES

Auditorio Municipal | Domingo, 02 Outubro 2022 00:00

O MEL NON CADUCA NAS NEVES

O mel non caduca  é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

SINOPSE

Dous científicos/apicultores, en 2173, levan a cabo sofisticados e absurdos experimentos, nun contexto de futuro distópico no que o planeta está arrasado. Tratan de crear sinteticamente unha abella a partir do último tarro de mel que se conserva na historia. Constrúen unha árbore no seu laboratorio para tratar de recuperar os ciclos naturais, que se perderon hai tempo. 

Dous irmáns volven á casa familiar na aldea pola morte da súa nai. O conflito aflora cando deben xestionar as pertenzas familiares. O irmán máis vello opta por vendelo todo. A rapaza, máis nova, entra nunha crise vital porque se debate entre a súa acomodada vida nunha cidade afastada e a nostalxia que lle produce volver entrar en contacto cos obxectos e os recordos que marcan a súa historia vital. 

FICHA ARTÍSTICA

En escena: Marián Bañobre, Avelino González

Texto e dirección: Santiago Cortegoso

Movemento escénico e axudante de dirección: Carmela Bueno

Espazo escénico e imaxe: Diego Seixo

Deseño de iluminación:Salvador del Río

Vestiario: Marián Bañobre e Bety Busto

Espazo sonoro: Davide González

Técnico de luz e son: Héctor Pazos

Cobertura tecnica: Ningures Produción

Vídeo: José V. Estonllo

Maquillaxe e peiteado: Baia Fernández

Comunicación e produción: Fátima R. Varela

Produción e distribución: Ibuprofeno Teatro 

O noso agradecemento ao Concello de Catoira por cedernos o Auditorio Municipal para os ensaios e ao Concello de Santiago por acoller a estrea deste espectáculo.

 

Grazas tamén a Apiyago, Asociación Galega de Apicultura AGA, Familia Rodríguez Pereira, Mari García, Maruxío Terra e Sal, O mel de Manuela, Apigal e as nosas familias pola súa colaboración e cariño.