O MEL NON CADUCA EN CULLEREDO

Edificio de Servizos Múltiples | Venres, 17 Decembro 2021 20:30

O MEL NON CADUCA EN CULLEREDO

Espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

Sinopse:

Dous científicos/apicultores, en 2173, levan a cabo sofisticados e absurdos experimentos, nun contexto de futuro distópico no que o planeta está arrasado. Tratan de crear sinteticamente unha abella a partir do último tarro de mel que se conserva na historia. Constrúen unha árbore no seu laboratorio para tratar de recuperar os ciclos naturais, que se perderon hai tempo. 

Dous irmáns volven á casa familiar na aldea pola morte da súa nai. O conflito aflora cando deben xestionar as pertenzas familiares. O irmán máis vello opta por vendelo todo. A rapaza, máis nova, entra nunha crise vital porque se debate entre a súa acomodada vida nunha cidade afastada e a nostalxia que lle produce volver entrar en contacto cos obxectos e os recordos que marcan a súa historia vital.

En escena:

Marián Bañobre

Avelino González

Texto e dirección: Santiago Cortegoso

Movemento escénico e axudante de dirección: Carmela Bueno

Espazo escénico e imaxe: Diego Seixo

Deseño de iluminación: Salvador del Río

Vestiario: Marián Bañobre e Bety Busto

Espazo sonoro: Davide González

Técnico de luz e son: Héctor Pazos

Cobertura tecnica: Ningures Produción

Vídeo: José V. Estonllo

Maquillaxe e peiteado: Baia Fernández

Comunicación e produción: Fátima R. Varela

Produción e distribución: Ibuprofeno Teatro