O FURANCHO EN SOUTOMAIOR

Multiusos de Arcade | Sábado, 28 Mai 2022 21:00

O FURANCHO EN SOUTOMAIOR

No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comuñón e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.

E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa resort vitivinícola Rosalía de Castro ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che aporte relax e benestar. Todo sen química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%.

FICHA ARTÍSTICA

Creación e interpretación: MARIÁN BAÑOBRE E ISABEL RISCO

Texto e Dirección escénica: SANTIAGO CORTEGOSO

Movemento escénico: CARMELA BUENO

Deseño de iluminación: SALVADOR DEL RÍO

Imaxe: DIEGO SEIXO

Deseño de vestiario: MARIÁN BAÑOBRE

Realización de vestiario: MARÍA NEGREIRA (CDG)

Zocos: ELENA FERRO

Deseño do espazo escénico: SANTIAGO CORTEGOSO E MARIÁN BAÑOBRE

Deseño de son: QUITO

Música: RADIO COS

Cobertura técnica: NINGURES PRODUCIÓN 

Produción: IBUPROFENO TEATRO, COA COLABORACIÓN DA AAAG E O CDG