O FURANCHO EN MORAÑA

Casa da Cultura | Sábado, 13 Mai 2023 20:30

O FURANCHO EN MORAÑA

Sinopse

No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comuñón e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.

E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa resort vitivinícola Rosalía de Castro ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che aporte relax e benestar. Todo sen química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%.

Ficha artística

  • Creación e interpretación: MARIÁN BAÑOBRE E ISABEL RISCO

  • Texto e Dirección escénica: SANTIAGO CORTEGOSO

  • Movemento escénico: CARMELA BUENO

  • Deseño de iluminación: SALVADOR DEL RÍO

  • Imaxe: DIEGO SEIXO

  • Deseño de vestiario: MARIÁN BAÑOBRE

  • Realización de vestiario: MARÍA NEGREIRA (CDG)

  • Zocos: ELENA FERRO

  • Deseño do espazo escénico: SANTIAGO CORTEGOSO E MARIÁN BAÑOBRE

  • Deseño de son: QUITO

  • Música: RADIO COS

  • Cobertura técnica: NINGURES PRODUCIÓN

  • Produción: IBUPROFENO TEATRO, COA COLABORACIÓN DA AAAG E O CDG