O pasado sábado 2 de decembro tivo lugar a primeira lectura do noso próximo espectáculo, 'Casa O'Rei' cos actores da montaxe. Un encontro para crear equipo e iniciar este proceso de traballo que culminará o 2 de marzo coa estrea en Vigo do espectáculo.
'Casa O'Rei' é un xogo escénico a partir de 'O Rei Lear' de Shakespeare interpretado por Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Victor Mosqueira e Xosé Manuel Esperante baixo a dirección de Santiago Cortegoso. Con este espectáculo pechamos a nosa triloxía gastronómica -despois de 'O Furancho' e 'Raclette'-, e que mellor xeito de meternos en situación que facer a lectura nunha casa de xantar e comentar despois as nosas impresións e inquedanzas acompañados dun suculento cocido.
Continuar lendo
Mércores, 06 Decembro 2017
Noticias
XI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
Nesta edición Santiago Cortegoso será o encargado de dirixir a gravación das obras finalistas do concurso de Teatro Radiofónico do Diario Cultural. Santiago Cortegoso xunto a Marián Bañobre foi finalista deste premio en tres ocasións, acadando o recoñecemento do público pola súa peza "Intercom Baby" no ano 2012.
Continuar lendo
Mércores, 27 Setembro 2017
Noticias
Xira de Setembro a Decembro 2017
O noso espectáculo RACLETTE é un dos selecionados para participar no "Circuito de la Red de Teatros Alternativos".
Realizaremos 15 funcións en 5 comunidades autónomas diferentes á nosa nos próximos catro meses.
Unha xira subvencionada polo INAEM e impulsada pola "Red de Teatros Alternativos" que pretende dar proxección a espectáculos contemporáneos de interese e favorecer a súa mobilidade por todo o estado.
Continuar lendo
Xoves, 31 Agosto 2017
Noticias
Novo espectáculo de Ibuprofeno no Pitching
| Xoves, 15 Xuño 2017 00:00
Continuar lendo
Xoves, 08 Xuño 2017
Noticias
Finalista da Gala do Libro Galego
| Sábado, 20 Mai 2017 19:30
A publicación das obras de Ibuprofeno Teatro; " A Filla de Woody Allen, Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios e O Furancho", editadas por Morgante, é finalista na Gala do Libro Galego que se celebrará o vindeiro sábado día 20 de Maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Santiago Cortegoso xa fora finalista na pasada edición destes premios pola publicación de Xeráis da súa obra " RACLETTE".
Toda a información sobre esta gala e os finalistas no link da web que aparece a continuación.
Continuar lendo
Martes, 09 Mai 2017
Noticias
Cuartos de final este venres na sala Margarita Xirgu del Teatro Español
| Venres, 12 Mai 2017 22:00
Chega o turno de competición Santiago Cortegoso no I Torneo de Dramaturxía organizado no Teatro Español.
Nesta primeira fase o contrincante de Santiago será Ignacio del Moral.
Toda a información sobre o torneo, participantes, fases, etc... seguindo o link da web do Teatro Español que aparece a continuación
Continuar lendo
Martes, 09 Mai 2017
Noticias
MELLOR DIRECCIÓN DE ESCENA E MELLOR AUTORÍA TEATRAL
| Luns, 05 Xuño 2017 21:00
Vimos de saber que o noso espectáculo Raclette é finalista na XX Edición dos Premios Max de Teatro que organiza a Fundación Sgae, con dúas nominacións para Santiago Cortegoso.
A gala dos premios Max terá lugar o vindeiro 5 de xuño no Palau de les Arts de Valencia.
Toda a información sobre os finalistas e os premios na súa web.
Non podemos estar máis contentos
Continuar lendo
Mércores, 19 Abril 2017
Noticias
Raclette recibe un novo recoñecemento
| Mércores, 29 Marzo 2017 00:00
O pasado mércores 29 de marzo, celebrábase no Teatro Rosalía Castro da Coruña a XXI Gala dos Premios María Casares de Galicia.
O espectáculo chegou aos premios como finalista en cinco categorías, entre elas mellor espectáculo e dirección.
Finalmente Santiago Cortegoso recolleu o premio a Mellor Texto Orixinal.
Continuar lendo
Luns, 03 Abril 2017
Noticias
Entrega do premio a mellor espectáculo de Sala na pasada Feira de Teatro de Castela León
| Domingo, 26 Marzo 2017 00:00
O pasado sábado 25 de marzo, nun acto para conmemorar o Dia Mundial do Teatro, recibimos o Premio ao Mellor Espectáculo de Sala da Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo 2016.
No acto celebrado no Teatro Nuevo Fernando Arrabal de Ciudad Rodrigo e despois da lectura da mensaxe redactada por Isabelle Huppert, representamos de novo Raclette.
Unha vez finalizada a representación , Santiago Cortegoso recolleu o premio entregado por representantes da Asociación de Amigos do Teatro e a Concelleira de Cultura da cidade.
Continuar lendo
Domingo, 26 Marzo 2017
Noticias
A Comisión de Teatro e Circo da Rede Española de Teatros, Auditorios, Circuitos e Festivais de titularidade pública recomenda o noso espectáculo
A Comisión de Teatro e Circo da Rede é un grupo de traballo formado por programadores de distintos espazos escénicos asociados de todo o territorio nacional.
Ten como obxectivo principal aportar ao asociado información actualizada e de interese sobre os espectáculos do momento, contribuíndo a que os espazos dispoñan dunha programación equilibrada e de calidade.
Trimestralmente edita uns cadernos de espectáculos recomendados. Raclette foi incluído no último deles, publicado este mes de marzo de 2017.
Caderno de Espectáculos Recomendados marzo 2017
Continuar lendo
Martes, 21 Marzo 2017
Noticias
4 Candidaturas
Continuar lendo
Venres, 03 Marzo 2017
Noticias
5 nomeamentos
MELLOR ESPECTÁCULO
MELLOR DIRECCIÓN
MELLOR TEXTO ORIXINAL
MELLORES ACTORES: TONI SALGADO E SALVADOR DEL RIO
Continuar lendo
Venres, 03 Marzo 2017
Noticias
Publicación das obras de Ibuprofeno Teatro
Os lectores da revista de literatura galega
Fervenzas literarias escolleron como Mellor libro de teatro do 2016 o volume que recolle A filla de Woody Allen, Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios e O Furancho, de
Santiago Cortegoso, publicado por Morgante.
Son os tres textos producidos por
Ibuprofeno Teatro que estiveron e/ou están de xira por Galicia. Moitas grazas a Fervenzas Literarias e aos lectores por ter escollido o noso libro na súa escolma dos mellores do 2016; podedes ver as outras categorías na súa
web.
O ano pasado, RACLETTE, publicado por Xerais, recibía este mesmo recoñecemento.
Continuar lendo
Mércores, 01 Febreiro 2017
Noticias
XIX CERTAME NACIONAL DE TEATRO GARNACHA DA RIOJA
| Sábado, 17 Decembro 2016 00:00
O pasado sábado 17 de decembro tiña lugar nas Bodegas Muga de Haro a Gala de entrega dos Premios Garnacha do XIX Certame de Teatro.
Ibuprofeno Teatro recibíamos alí a Mención Especial do Xurado pola nosa participación con RACLETTE no Certame.
Agradecidos e encantados do cariño e o trato recibido por esas terras na que o viño e o teatro inundan a paisaxe.
Grazas a Haro e a toda a xente do Teatro Garnacha, un pracer.
Continuar lendo
Luns, 19 Decembro 2016
Noticias
Lectura dramatizada organizada pola AAAG e dirixida por Santiago Cortegoso
| Martes, 13 Decembro 2016 21:00
Por iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia, a AAAG en colaboración coa Fundación SGAE organiza a lecturas dramatizadas de Casa O`Rei. Será o vindeiro martes 13 de decembro ás 21.00 horas na Sala Fundación SGAE de Santiago de Compostela. Intervirán na lectura os actores Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Artur Trillo e Xosé Manuel Esperante.
Continuar lendo
Luns, 12 Decembro 2016
Noticias