A filla de Woody Allen (2010)

"Na vida, o oitenta por cento é presentarse". Woody Allen

Entra en escena unha personaxe cunha gran maleta na man. Ao pouco, o público descobre que é a todas luces igual que Woody Allen, que se comporta coma el, que ten as mesmas teimas. Pero ela ignora o parecido. Está perdida, ignorante do evidente, na procura dunha identidade que todos coñecemos.

  • Categoría: En cartel, Comedia, Contemporáneo
  • Duración: 70'
  • Autoría: Santiago Cortegoso
  • Dirección: Santiago Cortegoso
  • Premios: Finalista nos Premios Max 2011 na categoría de Mellor Autor Galego, Premio "Coiro de Pita" 2016 a mellor espectáculo da temporada na Sala Ingrávida de Porrriño

Sinopse

O punto de partida de A FILLA DE WOODY ALLEN é o inicio dunha viaxe, unha viaxe da protagonista na procura de seu pai, do cal só sabe que vive en Nova Iork, que toca o clarinete e que lle manda un agasallo cada ano polo seu aniversario.

Estes agasallos son tesouros para ela e constitúen un crebacabezas co que foi construíndo un mito que a acompaña no seu desenvolvemento vital. Atoparse con ese mito revélase como a vía para acadar a felicidade, pero tamén supón unha fuxida dunha vida cotiá insatisfactoria.

Ela loita. É incansable. É vitalista. E pon todas as súas esperanzas nese ser descoñecido. A viaxe a Nova Iork é a viaxe a un mundo ideal; é a procura de algo por definir, unha interrogante vital que non sabe se será respondida.

Ficha artística

  • Elenco: Marián Bañobre 
  • Dirección e textos: Santiago Cortegoso 
  • Coreografía: Carmela Bueno 
  • Deseño de iluminación: Salvador del Río
  • Imaxe: Diego Seixo 
  • Asesoría musical: Anxo Graña 
  • Deseño de vestiario: Marián Bañobre
  • Realización de vestiario: Raquel Martínez
A filla de Woody Allen