O MEL NON CADUCA EN CEDEIRA
Auditorio Municipal | Sábado, 15 Mai 2021 20:00
Continuar lendoAuditorio Municipal | Sábado, 15 Mai 2021 20:00
Continuar lendoTeatro Principal | Venres, 30 Abril 2021 20:00
Continuar lendoAuditorio Municipal Gustavo Freire | Xoves, 08 Abril 2021 20:30
Continuar lendoAuditorio Lois Tobío | Sábado, 03 Abril 2021 20:00
Continuar lendoCasa da Cultura | Sábado, 20 Marzo 2021 20:00
Continuar lendoCasa da Cultura | Sábado, 13 Marzo 2021 20:00
Continuar lendoEdificio Multiusos | Xoves, 25 Febreiro 2021 20:15
Continuar lendoAuditorio Multiusos da Xunqueira | Sábado, 08 Mai 2021 20:00
Continuar lendoAuditorio do Centro Cívico Cultural | Venres, 12 Febreiro 2021 20:30
Continuar lendoAuditorio Municipal | Sábado, 06 Febreiro 2021 20:00
Continuar lendoAuditorio Gabriel García Márquez | Sábado, 30 Xaneiro 2021 19:30
Continuar lendoDo 12 ao 14 de agosto Marián Bañobre e Santiago Cortegoso impartirán un Obradoiro de Creación Escénica no Auditorio Municipal de Cariño no que amosarán e reproducirán a pequena escala o proceso creativo da compañía.
O prazo de inscrición, que se deberá realizar de xeito presencial na Casa do Concello de Cariño (Avenida da Paz, 2), estará aberto dende o vindeiro luns 29 de xullo ata o xoves 8 de agosto. A inscrición é de balde e hai dispoñibles 15 prazas para maiores de 16 anos.
Para calquera consulta podedes dirixirvos ao Concello de Cariño a través do teléfono 981 405 064 ou do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Do 17 ao 26 de xullo no OFF de Avignon
Do 17 ao 26 de xullo a compañía francesa Compagnie du Velours presenta na sección off do Festival de Avignon unha versión francesa de 'Raclette' de Santiago Cortegoso. A cita será no Théâtre le Vieux Balancier da vila francesa.
Silvia Rodríguez Abal dirixe a peza que protagoniza xunto a Fabien Crémière, Lucie Le Bras, Adeline Messiaen e Pierre Touvet.
+info: https://www.avignonleoff.com/programme/2019/raclette-s26681/
Do 22 ao 24 de xullo Marián Bañobre e Santiago Cortegoso impartirán un Obradoiro de Creación Escénica na MIT de Ribadavia, organizado pola propia mostra e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
A meta do obradoiro é amosar e reproducir a pequena escala o método de creación da compañía. A dinámica consiste nun proceso de investigación e descubrimento a partir dun tema e dun espazo concreto. Esta forma de traballar parte da premisa de que os actores e actrices son os auténticos creadores.
A inscrición está aberta ata o vindeiro 8 de xullo. Toda a información AQUÍ
A montaxe é unha das 6 escollidas de entre as 89 propostas recibidas nesta edición | Xoves, 11 Outubro 2018 00:00
Casa O'Rei de Ibuprofeno Teatro participará na 21ª edición do Certame de Teatro Garnacha de Rioja que se celebra na localidade de Haro do 30 de novembro ao 8 de decembro. A compañía galega xa participou coa obra 'Raclette' no mesmo certame, recibindo a Mención Especial do Xurado.