Presentación de Casa O'Rei en Galicia Escena Pro

Novo espectáculo de Ibuprofeno no Pitching | Xoves, 15 Xuño 2017 00:00

Presentación de Casa O'Rei en Galicia Escena Pro

O vindeiro xoves 15 de xuño, no marco da Feira de Teatro, Galicia Escena Pro, os membros de Ibuprofeno faremos a presentación oficial do que será a nosa nova produción: "Casa O'Rei. Traxicomedia Gastronómica".

Casa O'Rei vaise estrear en marzo de 2018.

Podedes ver a ficha de presentación do espectáculo seguindo este link da nosa web: 

http://www.ibuprofenoteatro.com/index.php/gl/producions/producions-en-cartel/item/casa-o-rei

 

Continuar lendo

"A FILLA DE WOODY ALLEN. PEQUENOS ACTOS PSEUDORREVOLUCIONARIOS. O FURANCHO" de Santiago Cortegoso

Finalista da Gala do Libro Galego | Sábado, 20 Mai 2017 19:30

A publicación das obras de Ibuprofeno Teatro; " A Filla de Woody Allen, Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios e O Furancho", editadas por Morgante, é finalista na Gala do Libro Galego que se celebrará o vindeiro sábado día 20 de Maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela. 

Santiago Cortegoso xa fora finalista na pasada edición destes premios pola publicación de Xeráis da súa obra " RACLETTE".

Toda a información sobre esta gala e os finalistas no link da web que aparece a continuación.

Continuar lendo

Santiago Cortegoso no Torneo de Dramaturxia

Cuartos de final este venres na sala Margarita Xirgu del Teatro Español | Venres, 12 Mai 2017 22:00

Santiago Cortegoso no Torneo de Dramaturxia

Chega o turno de competición Santiago Cortegoso no I Torneo de Dramaturxía organizado no Teatro Español. 

Nesta primeira fase o contrincante de Santiago será Ignacio del Moral.

Toda a información sobre o torneo, participantes, fases, etc... seguindo o link da web do Teatro Español que aparece a continuación

Continuar lendo

SANTIAGO CORTEGOSO FINALISTA NOS PREMIOS MAX

MELLOR DIRECCIÓN DE ESCENA E MELLOR AUTORÍA TEATRAL | Luns, 05 Xuño 2017 21:00

SANTIAGO CORTEGOSO FINALISTA NOS PREMIOS MAX

Vimos de saber que o noso espectáculo Raclette é finalista na XX Edición dos Premios Max de Teatro que organiza a Fundación Sgae, con dúas nominacións para Santiago Cortegoso. 

A gala dos premios Max terá lugar o vindeiro 5 de xuño no Palau de les Arts de Valencia.

Toda a información sobre os finalistas e os premios na súa web.

Non podemos estar máis contentos

Continuar lendo

Premio María Casares a Mellor Texto Orixinal

Raclette recibe un novo recoñecemento | Mércores, 29 Marzo 2017 00:00

Premio María Casares a Mellor Texto Orixinal

O pasado mércores 29 de marzo, celebrábase no Teatro Rosalía Castro da Coruña a XXI Gala dos Premios María Casares de Galicia.

O espectáculo chegou aos premios como finalista en cinco categorías, entre elas mellor espectáculo e dirección.

Finalmente Santiago Cortegoso recolleu o premio a Mellor Texto Orixinal.

 

Continuar lendo

Ciudad Rodrigo celebra o Día Mundial do Teatro con Ibuprofeno

Entrega do premio a mellor espectáculo de Sala na pasada Feira de Teatro de Castela León | Domingo, 26 Marzo 2017 00:00

Ciudad Rodrigo celebra o Día Mundial do Teatro con Ibuprofeno

O pasado sábado 25 de marzo, nun acto para conmemorar o Dia Mundial do Teatro,  recibimos o Premio ao Mellor Espectáculo de Sala da Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo 2016.

No acto celebrado no Teatro Nuevo Fernando Arrabal de Ciudad Rodrigo e despois da lectura da mensaxe redactada por Isabelle Huppert, representamos de novo Raclette.

Unha vez finalizada a representación , Santiago Cortegoso recolleu o premio entregado por representantes da Asociación de Amigos do Teatro e a Concelleira de Cultura da cidade.

Continuar lendo

RACLETTE espectáculo con R

A Comisión de Teatro e Circo da Rede Española de Teatros, Auditorios, Circuitos e Festivais de titularidade pública recomenda o noso espectáculo

RACLETTE espectáculo con R

A Comisión de Teatro e Circo da Rede é un grupo de traballo formado por programadores de distintos espazos escénicos asociados de todo o territorio nacional.
Ten como obxectivo principal aportar ao asociado información actualizada e de interese sobre os espectáculos do momento, contribuíndo a que os espazos dispoñan dunha programación equilibrada e de calidade.

Trimestralmente edita uns cadernos de espectáculos recomendados. Raclette foi incluído no último deles, publicado este mes de marzo de 2017.

Caderno de Espectáculos Recomendados marzo 2017

Continuar lendo

Mellor libro do ano 2016 nas Fervenzas Literarias

Publicación das obras de Ibuprofeno Teatro

Mellor libro do ano 2016 nas Fervenzas Literarias
Os lectores da revista de literatura galega Fervenzas literarias escolleron como Mellor libro de teatro do 2016 o volume que recolle A filla de Woody Allen, Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios e O Furancho, de Santiago Cortegoso, publicado por Morgante. 
 
Son os tres textos producidos por Ibuprofeno Teatro que estiveron e/ou están de xira por Galicia. Moitas grazas a Fervenzas Literarias e aos lectores por ter escollido o noso libro na súa escolma dos mellores do 2016; podedes ver as outras categorías na súa web.
 
O ano pasado, RACLETTE, publicado por Xerais, recibía este mesmo recoñecemento.
Continuar lendo

RACLETTE Mención Especial do Xurado en Haro

XIX CERTAME NACIONAL DE TEATRO GARNACHA DA RIOJA | Sábado, 17 Decembro 2016 00:00

RACLETTE Mención Especial do Xurado en Haro

O pasado sábado 17 de decembro tiña lugar nas Bodegas Muga de Haro a Gala de entrega dos Premios Garnacha do XIX Certame de Teatro.

Ibuprofeno Teatro recibíamos alí a Mención Especial do Xurado pola nosa participación con RACLETTE no Certame. 

Agradecidos e encantados do cariño e o trato recibido por esas terras na que o viño e o teatro inundan a paisaxe.

Grazas a Haro e a toda a xente do Teatro Garnacha, un pracer.

Continuar lendo

Casa O`Rei nas lecturas da SGAE

Lectura dramatizada organizada pola AAAG e dirixida por Santiago Cortegoso | Martes, 13 Decembro 2016 21:00

Casa O`Rei nas lecturas da SGAE

Por iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia, a AAAG en colaboración coa Fundación SGAE organiza a lecturas dramatizadas de Casa O`Rei. Será o vindeiro martes 13 de decembro ás 21.00 horas na Sala Fundación SGAE de Santiago de Compostela. Intervirán na lectura os actores Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Artur Trillo e Xosé Manuel Esperante.

 

 

Continuar lendo

RACLETTE en Haro

XIX Certamen Nacional de Teatro Garnacha de Rioja | Xoves, 08 Decembro 2016 20:30

RACLETTE en Haro

A próxima semana participaremos neste prestixioso certamen co noso espectáculo Raclette.

Programa completo:

Vernes 2 de decembro:, TEATRO DEL NOCTÁMBULO de Badajoz, con EDIPO REY, de Sófocles, versión de Miguel Murillo. Dirección: Denis Rafter.

Sábado 3 de decembro : SALA TRIBUEÑE TEATRO de Madrid, con ALARDE DE TONADILLA, de Hugo Pérez de la Pica. Dirección: Hugo Pérez de la Pica.

Domingo 4 de diciembre: TEATRO CORSARIO, de Valladolid, con CLÁSICOS CÓMICOS, de Francisco de Avellaneda, Calderón de la Barca, Luis Quiñones de Benavente y Juan de la Hoz y Mota. Dirección: Jesús Peña.

Mércores 7 de diciembre: SALA ATRIUM de Barcelona, con HIMMELWEG, de Juan Mayorga. Dirección: Raimon Molins.

Xoves 8 de decembro: IBUPROFENO TEATRO de Pontevedra, con RACLETTE, de Santiago Cortegoso. Dirección: Santiago Cortegoso.

Vernes 9 de diciembre: COMEDIA DE LOS ENREDOS, de Madrid, con LA COMEDIA DE LOS ENREDOS, de William Shakespeare, adaptación de Carlota Pérez-Reverte. Dirección: Alberto Castrillo-Ferrer.

Sábado 10 de diciembre: SURIPANTA TEATRO, de Badajoz, con LOS PELÓPIDAS, de Jorge Llopis, versión de Florian Recio. Dirección: Esteve Ferrer. 

Continuar lendo

RACLETTE na Rioja

Ibuprofeno Teatro no XIX Certame Nacional de Teatro Garnacha de Rioja, en Haro | Xoves, 08 Decembro 2016 20:30

RACLETTE na Rioja

O Comité de selección acaba de hacer público que RACLETTE participará na fase final do Certame Nacional de Teatro Garnacha da Rioja. 

Continuar lendo

"Raclette" Premio Especial do Público en Ciudad Rodrigo

O espectáculo de Ibuprofeno Teatro obtivo a mención especial ao Mellor Espectáculo de Sala

As persoas integrantes da Asociación “Amigos del Teatro” de Ciudad Rodrigo outorgaron cos seus votos, a través da propia páxina web da feira, as mencións aos mellores espectáculos da 19 edición da "Feria de Teatro de Castilla y León-Ciudad Rodrigo".
Continuar lendo