Obradoiro de Creación Escénica

Naves de Ojea, Cangas [Mostra de Teatro Cómico de Cangas] | Luns, 02 Xullo 2018 10:00 | Martes, 03 Xullo 2018 10:00 | Mércores, 04 Xullo 2018 10:00 | Xoves, 05 Xullo 2018 10:00 | Venres, 06 Xullo 2018 10:00

Obradoiro de Creación Escénica

Dentro do programa da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas Marián Bañobre e Santiago Cortegoso imparten un Obradoiro de Creación Escénica. Terá lugar do luns 2 ao venres 6 de xullo en horario de 10 a 14 horas nas Naves de Ojea.

Nel amosarase e reproducirase a pequena escala o método de creación que ambos profesionais foron desenvolvendo a partir das súas experiencias, para investigar e descubrir as posibilidades expresivas dos actores e das actrices cando non parten de textos previos. Mediante o xogo e as improvisacións individuais e colectivas traballarase na creación dunha obra propia, non tanto para acadar un resultado óptimo, senón co obxectivo de experimentar o goce e a vertixe de xerar contido escénico a partir do material emotivo e imaxinativo que cada un pode aportar.

Continuar lendo